"Pérez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • PERSOEIRO

    Militar e político. Foi comandante do corpo de sanidade militar e director do Hospital Militar de Vigo (1922). Co apoio dos sectores anticaciquís e do xornal El Emigrado, presentouse ás eleccións a Cortes en 1920 polo distrito da Estrada, aínda que non chegou a acadar o escano. Foi alcalde de Vigo, presidente da Sociedad Casino de Vigo e gobernador civil de Huesca na Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Coñecido como Artagnán, estivo considerado como un dos principais humoristas de principios de século. Colaborou en numerosas publicacións da época, como Madrid Cómico, Buen Humor e ABC, escribiu máis de trinta libros, como Viajes morrocotudos (1901), e foi autor de diversas obras teatrais, como Bronquitis aguda (1911), en que amosa a súa capacidade para a burla e a parodia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista. Coa morte de seu pai, titular da Secretaría do Estado, confiáronlle os asuntos de Italia, e conseguiu a confianza de Filipe II. O asasinato de Juan de Escobedo e a súa actitude na sucesión de Portugal fixeron que o rei o destituíse e o encarcerase. Fuxiu ao Reino de Aragón e de alí a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, foi reitor no colexio valisoletano de San Gregorio, ademais de catedrático de Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (1692-1698), cualificador do Santo Oficio (1697) e prior dos conventos dominicanos de Santiago de Compostela (1700-1702 e 1710-1712) e Pontevedra (1702-1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Xosé I escolleuno como mestre de capela e titor de música dos príncipes (1752). Da súa produción destacan as óperas La Merope (1744) e La clemenza di Tito (1749), a ópera bufa La vera felicità (1761), os intermezzi e a música relixiosa e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Foi lector de teoloxía en Toro, rexente de estudos en Ávila, prior de Plasencia e de San Esteban de Salamanca, e vigairo xeral da provincia de España e provincial (1691-1696). É autor de Commentaria in Summam S. Thomae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e actor. Integrante das bandas de rock Kinindiolas ou Nicho Varullo, en 1989 ingresou na compañía Chévere, onde iniciou a súa carreira como compositor de música para teatro. Con Chévere realizou as comedias musicais Río Bravo (1991, Premio María Casares á mellor música 2003), Annus Horribilis (1995, Premio María Casares á mellor música e Premio da Crítica de Barcelona ao mellor espectáculo musical) e Resaca (1997). Tamén colaborou coas compañías Mofa e Befa, Ollomoltranvía e Trigo Limpo, para as que realizou as creacións musicais Memoriar (1998), Finis Mundi Circus (Premio María Casares á mellor música) e Queima do Xudas (2000-2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Javier Patricio Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Figura relevante do socialismo ourensán na segunda década do s XX, foi secretario do Centro de Sociedades Obreras de Ourense en 1914. Foi detido en diversas ocasións, como en 1917, despois da folga antidinástica convocada pola UGT e a CNT, e en 1921, despois da folga xeral iniciada en solidariedade coa loita anticaciquil de Vilamartín de Valdeorras. A partir de 1922 afastouse do PSOE e colaborou coa Confederación Regional Agraria de Basilio Álvarez Rodríguez, participando no seu congreso fundacional (1922) como defensor do abolicionismo foral da Federación Provincial Agraria de Ourense. No verán dese mesmo ano achegouse dun xeito temporal ao anarcosindicalismo e asistiu en Vigo á conformación da Confederación Regional Galaica da CNT, que logo representou no mitin celebrado en Ourense en protesta pola represión dos agrarios de Guillarei (Tui). Durante a Ditadura de Primo de Rivera seguiu vinculado á organización agraria ata que se retirou da actividade pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido como Gato Pérez, na década de 1970 foi un dos impulsores da rumba catalá, dotándoa dun contido social que non tiña. Da súa discografía destacan Carabruta (1978), Romesco (1979), Atalaya (1981), Flaire de Barcelunya (1982), Gato por gato (1986) e Ten (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Dirixiu os xornais La Gaceta Oficial, Eco de la Opinión e El porvenir. Partidario da reforma educativa no seu país, foi o máximo representante do romanticismo poético dominicano e unha figura destacada do movemento indixenista latinoamericano coa súa poesía patriótica. Da súa produción destacan Contornos y relieves (1875), Fantasías indígenas (1877) e La lira de José Joaquín Pérez (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. Catedrático emérito de Historia Moderna na Université de Bordeaux III, especializouse no nacemento e formación do Estado español moderno e na formación das nacións latinoamericanas. Foi director da Casa Velázquez de Madrid (1989-1996). Das súas obras destacan La Révolution des Comunidades de Castille (1520-1521) (1970), Isabelle et Ferdinand, Rois Catholiques d’Espagne (1988), Charles Quint, empereur des deux mondes (1994), L’Espagne du XVIe siècle (1998), L’Espagne de Philippe II (1999) e L’Inquisition espagnole (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi un dos mellores representantes do neoclasicismo hispánico. En Euskadi realizou o Teatro de Vitoria, a casa do concello de Donostia e as igrexas de Motrico (1789) e Bermeo (1820). En Madrid destaca a Puerta de Toledo e en Galicia a igrexa de Mugardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Activo en Santiago de Compostela, foi mestre maior do colexio de Santiago Alfeo e mestre de cantaría da catedral compostelá. Traballou tamén para o concello de Santiago nas obras das calzadas e ofreceu os planos para a reedificación de Santa María do Xobre (A Pobra do Caramiñal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e tradutor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en Londres como redactor e comentarista de política internacional dos servizos exteriores da BBC. Experto en teatro e colaborador de Grial, Tempo Exterior e Tempos Novos, traduciu ao galego A traxedia de Macbeth (1972), Flores e leña: narracións chinesas contemporáneas (1982), a primeira escolma de narrativa chinesa en galego; e Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló (1985), en colaboración con Teresa Barro. Recibiu, tamén xunto a Teresa Barro, o Premio Nacional de Tradución del Ministerio de Cultura (1985) por As aventuras de Alicia no país das maravillas (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico. Profesor de botánica na Universidad Complutense de Madrid, estudou a vexetación mariña bentónica das costas europeas norteatlánticas. Colaborou nos Anales del Instituto Botánico A. J. Cavanilles e foi vicedirector da revista científica Lazaroc. Escribiu Estudio florístico y ecológico de las algas bentónicas del noroeste de España [...] (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos ponentes da Constitución de 1978, deputado nas Cortes por UCD (1977-1982) e ministro da Presidencia (1979-1980). Ademais, exerceu como membro do Tribunal de Arbitraxe da Cámara de Comercio Internacional de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Traballou como reporteiro de prensa, radio e televisión (1973-1994), primeiro no xornal Pueblo e despois cubrindo os conflitos armados internacionais en TVE. Da súa obra narrativa, que combina a novela histórica e de aventuras co xénero negro, destacan El húsar (1986), El maestro de esgrima (1988), El club Dumas (1993), Territorio comanche (1994), crónica da guerra de Bosnia; La piel del tambor (1995) e Cabo Trafalgar (2004). A finais de 1996 comezou a colección Las aventuras del capitán Alatriste. Recibiu o Premio Jean Monnet de Literatura Europea (1997) e foi elixido membro da Real Academia Española (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na fundación do PSOE (1888), que abandonou en 1921, para fundar o Partido Comunista Obrero Español (PCOE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Pérez Gil.

    VER O DETALLE DO TERMO