"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fuga na que a imitación do tema faise por intervalos do mesmo valor pero en sentido inverso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Furar unha peza empregando como guía da broca os buracos feitos anteriormente noutra peza que se superpón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de precisión utilizado en cartografía para a referencia automática das coordenadas xeográficas e a súa translación aos mapas.
-
-
Arte de compoñer ballets ou danzas anotando as figuras e os pasos dos solistas e dos grupos, harmonizados coa música e outros elementos do espectáculo. A primeira notación coreográfica -moi rudimentaria-, da que se ten noticia, apareceu no Llibre Vermell de Montserrat. A primeira escola xurdiu en Milán, formada por mestres de danza profesionais (Pompeo, Diobono, mestre de Negri e de Belgioioso, Martire, Tetoni e Legnano) que difundiron por toda Europa os principios da danza italiana. Na fin do século XVI destacou Fabrizio Caroso co seu tratado Il ballarino (1581). O primeiro que inventou un sistema de notación coreográfica foi Jehan Tabourot. No s XVII sobresaíron diversos coreógrafos, como Balbi ou Bocan. A aparición do tratado Choréografie ou l’art de décrire la danse (Coreografía ou a arte de describir a danza, 1699), de Feuillet, significou un avance nesta arte. Nos dous primeiros decenios do s XVIII houbo un predominio do ballet cunha coreografía de tipo...
-
Conxunto de figuras, pasos e movementos que compoñen un ballet ou danza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á coreografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á coreografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina da xeografía que estudia uns sectores concretos da superficie terrestre. Os gregos foron os primeiros en seguir este enfoque nas súas narracións e mapas. Homero, Herodoto e Estrabón son os tres expoñentes máis brillantes; buscaban un coñecemento do seu país e das terras circundantes á súa área da ecumene, para obter uns datos económicos con vista á ocupación ou ás relacións comerciais, nas que se incluían ademais xuízos de valor. Esta tradición seguírona os romanos, mentres que os alexandrinos iniciaron unha tendencia máis científica. Pouco a pouco foi decaendo e no s VII só destacou a obra de san Isidoro de Sevilla. Os árabes, en plena expansión, recuperaron esta tendencia con moitas traducións do grego e outras novas contribucións. Durante o Renacemento, co descubrimento de novas terras, a corografía rexurdiu e apareceron numerosas cosmografías. Co comezo do ensino universitario da xeografía volveu de novo esta tendencia, sobre todo en Francia: a Géographie...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á corografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á corografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coronografía.
-
PERSOEIRO
Político, escritor e xurista. Doutorouse en Madrid en Dereito (1862). Pertenceu ao partido demócrata e no 1863 marchou a Francia perseguido por conspirar contra Isabel II. Regresou a Madrid (1868) e foi membro da xunta revolucionaria do distrito centro, oficial do ministerio da Gobernación e deputado das Cortes Constituíntes por Mondoñedo (1869). Colaborou, entre outros, nos xornais El Látigo, La Democracia, La Discursión, El Pueblo e El Programa, e foi un dos fundadores de El Porvenir (1856). Foi coautor de Estudios sobre el derecho político: constituciones vigentes de los principales estados de Europa y América, precedidos de una reseña histórica de los mismos (1863). Escribiu Breves nociones de la historia de España (1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método radiolóxico que ten como finalidade facer visibles as dúas arterias coronarias e as súas ramas mediante a inxección, ao nivel do nacemento da aorta, dunha substancia de contraste utilizando técnicas de cateterismo cardíaco. Serve para pór de manifesto a aterosclerose da rede coronaria, as tromboses, as obliteracións, a estenose, o aneurisma e as cardiopatías isquémicas. Tamén se coñece como coronariografía ou arteriografía coronaria selectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato óptico deseñado e construído por Bernard Lyot en 1930, que permite o estudo da coroa solar e das protuberancias a plena luz do Sol, sempre que o aparato estea nun lugar suficientemente alto para diminuír o efecto da difusión da luz pola atmosfera.
-
-
-
Rama da astronomía que se ocupa da descrición do Universo, na súa totalidade ou nalgunha das partes que o constitúen, a través de conceptos elementais do campo das matemáticas e da física.
-
Denominación coa que se designaba a xeografía na Antigüidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cosmografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que estudia a cosmografía ou que ten un especial coñecemento nese campo.
-
PERSOEIRO
Químico norteamericano. Foi discípulo de Robert Bunsen e Charles Wurtz. No laboratorio deste último, e coa colaboración de Charles Friedel, descubriu en 1877 a reacción de síntese chamada reacción de Friedel e Crafts. Traballou na técnica de determinacións calorimétricas a alta temperatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir en caracteres secretos.
-
-
Tipo de escritura empregado desde a Antigüidade en distintas culturas, elaborado a partir dun sistema de signos que responden a un código privado, para restrinxir a comprensión dunha mensaxe dada a un grupo específico de receptores coñecedores do código en cuestión. O termo designa tamén a disciplina que estudia os diferentes sistemas que se poden empregar para codificar unha mensaxe. Existen tres sistemas básicos de escrituras secretas: as invisibles, feitas con tintas simpáticas; as convencionais, baseadas no uso de elementos xa convidos que producen un efecto diferente ao da comunicación real do texto; e os cifrados, baseados na transposición de letras, sílabas ou calquera elemento do texto, ou ben na súa substitución por outros, segundo unhas equivalencias expresadas nunha táboa ou clave. En concreto, establece tres tipos de estratexias: as chamadas claves de ocultación, que camuflan as palabras da mensaxe que impiden o acceso xeneralizado ao seu...
-
Ciencia que estudia o xeito de cifrar e descifrar mensaxes para que resulte imposible coñecer o seu contido sen unhas claves predeterminadas. No mundo informático o uso de técnicas criptográficas é frecuente, especialmente no envío de documentos a través de diferentes redes, como a Internet, ou no almacenamento de información. Tamén no sector das telecomunicacións se acostuma cifrar sinais, como as de certas canles de televisión, para que estas non se poidan ver a non ser que se dispoña do receptor descodificador axeitado.
-