corografía

corografía

(< lat chorographĭa

s f [XEOG]

Disciplina da xeografía que estudia uns sectores concretos da superficie terrestre. Os gregos foron os primeiros en seguir este enfoque nas súas narracións e mapas. Homero, Herodoto e Estrabón son os tres expoñentes máis brillantes; buscaban un coñecemento do seu país e das terras circundantes á súa área da ecumene, para obter uns datos económicos con vista á ocupación ou ás relacións comerciais, nas que se incluían ademais xuízos de valor. Esta tradición seguírona os romanos, mentres que os alexandrinos iniciaron unha tendencia máis científica. Pouco a pouco foi decaendo e no s VII só destacou a obra de san Isidoro de Sevilla. Os árabes, en plena expansión, recuperaron esta tendencia con moitas traducións do grego e outras novas contribucións. Durante o Renacemento, co descubrimento de novas terras, a corografía rexurdiu e apareceron numerosas cosmografías. Co comezo do ensino universitario da xeografía volveu de novo esta tendencia, sobre todo en Francia: a Géographie Universelle de Malte-Brun (1810-1829) e a de Reclus (1875-1894). Paul Vidal de la Blache elevou a corografía á categoría de ciencia.

Palabras veciñas

coroceiro -ra | corocha | corocho | corografía | corográfico -ca | corógrafo -fa | coroide