corocho
corocho
Nome científico:
[Centroscymnus coelolepis, Fam dos escuálidos]
s
m
[ANIMAL/ICT]
Quenlla de ata 120 cm de lonxitude, co corpo groso e cilíndrico de cor castaña escura, fociño curto e chato, ollos de cor verde e aletas dorsais con espiñas das que asoman as puntas. É unha especie ovovivípara, con partos que poden acadar ata as dezaseis crías, e bentónica, que vive en aguas fondas por baixo dos 400 m e chega a acadar máis de 3.600 m. Aliméntase de cefalópodos e peixes dos fondos. Distribúese polo Atlántico, dende Senegal ata Islandia, e polo Mediterráneo.