"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
PERSOEIRO
Xurista e poeta. Formado en dereito na Universidad de Madrid, ingresou no corpo xudicial no ano 1947. Despois de exercer en varias cidades galegas pasou a ser maxistrado da Audiencia territorial da Coruña no ano 1963. Foi presidente da sección de dereito penitenciario no V Congreso Iberoamericano e Filipino de Dereito Civil e Penitenciario, secretario da comisión de estudios do I Congreso de Dereito Galego e organizador das I Xornadas Xurídicas da Coruña. Como poeta publicou a súa obra en xornais e revistas e chegou a gañar a Flor Natural dos Xogos Florais de Oleiros en 1974. Colaborou en Foro Gallego e Jurisdición contencioso administrativa, e escribiu obras xurídicas como Ideario político social e penitenciario de don Miguel de la Sagra (1975) e Comentarios al Código civil y compilaciones forales: compilación de Galicia (1979). Membro correspondente do Instituto Español de Derecho Procesal, foi distinguido coa Cruz de San Raimundo de Penyafort no ano 1963. Ademais é académico...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Licenciada en Filosofía e Letras e doutora en Arte, foi directora da escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo e profesora de arte e directora do departamento de Historia da Arte e Xeografía da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo, da que foi decana. Foi comisaria das exposicións Julia Minguillón: período de 1934-1964 (1991), Olga Reinoso (1993) e Luís Seoane: pinturas, debuxos e gravados, 1932-1979 (1999). Ademais de numerosos artigos sobre arquitectura e transformacións urbanas, e sobre diversos artistas galegos (Camilo Díaz Baliño ou Arturo Souto), publicou as obras: La ilustración en la revista Nós (1983), Julia Minguillón (1984), Os castelaos de Ourense (1985), Antonio Failde (1986), La transformación de una ciudad: Orense (1995) e El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1996), xunto con Antonio Bonet Correa. É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Gallega de Bellas Artes...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curva que se obtén pola aplicación do cardiógrafo. Se se realiza cun electrocardiógrafo recibe o nome de electrocardiograma.
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesor de ensino medio. Colaborador en distintos medios de comunicación como La Voz de Galicia, Faro de Vigo e O Correo Galego, entre outros, e redactor de publicacións culturais en galego e castelán (Bisbarra, Revista das Letras, Ánimal+L, Dorna, etc), comezou a súa andaina literaria como poeta en 1986 co libro Paisaxe de verde chuvia. Publicou os poemarios Todo quanto há no mundo (1989), Cerne das labaredas (1994) e Flor no deserto (Premio de Poesía Cidade de Ourense, 1995), e como narrador Os ollos da noite (1990), Crónica de sucesos (1991), Soños eléctricos (Premio Blanco Amor, 1992), Lumefrío (1994), Perigo vexetal (Premio Merlín de Literatura Infantil, 1995), Ameaza na Antártida (1997) e Sarou (Premio Café Dublín, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Representación nun diagrama dos trazos característicos dos cromosomas das especies.
-
PERSOEIRO
Escritor, lingüista e crítico. Doutor en Filosofía e Letras, da súa produción destacan, entre outras obras, os ensaios Vida e obra de Pablo Piferrer (1963), Entre la ciencia y la magia, Mariano Cubí (1969), Donde las Hurdes se llaman Cabrera (1964), Nuevas reflexiones sobre el lenguaje (1972) e Gracias y desgracias de Castilla la Vieja (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios en Barcelona e ocupou a cátedra de Composición do conservatorio de Madrid dende a súa creación en 1830. Compuxo as óperas Elena e Malvina (1829) e Cristoforo Colombo (1831) e escribiu tamén música relixiosa, cancións populares e o himno nacional de Chile, titulado Dulce patria (1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa de baixa estatura e escarranchada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ramo moi cargado de froita, particularmente de cereixas.
-
GALICIA
Militar e político. Foi alcalde de Cádiz entre 1927 e 1931, e dende 1933, deputado pola súa circunscrición. Tralo levantamento militar de 1936, adheriuse ao movemento nacional e accedeu de novo á alcaldía entre xullo e agosto. O estadio e o torneo estival de fútbol que se disputan en Cádiz levan o seu nome dende 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e músico. Estudiou a carreira de perito e profesor mercantil, e realizou estudios musicais na Coruña. Foi arquiveiro e bibliotecario na Asociación Musical Andrés Gaos e director da coral Galicia Nova. Como musicólogo publicou, entre outros traballos: Música popular galega e coros no ano 70 (1971), O romance popular galego e a nosa música (1972) e Dúas músicas galegas: a popular e a popularizada (1972). Escribiu a música para a peza de Manuel Lourenzo Edén, representada pola Escola Dramática Galega en 1980, e realizou a adaptación teatral de Paco Pixiñas e A nave espacial, sobre textos de Celso Emilio Ferreiro e Isaac Díaz Pardo para O Facho (1977), en colaboración con Xosé Manuel Rabón. Tamén traduciu varias obras: Conto dos cinco camiñantes, de I. García para Tespis (1979) e O retábulo da peste, de I. Bergman para O Facho (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa de formas esquemáticas e estilizadas no que se dá preferencia á información estatística, presentada a miúdo en forma de diagramas e formas xeométricas simples, coa superficie proporcional ao que se quere representar.
-
PERSOEIRO
Cantautor. Comezou a súa carreira en Barcelona, onde contactou coa nova cançò catalana. O seu repertorio incluía cantares de cego, poemas de autores como C. E. Ferreiro -por exemplo, María Soliña-, ou cantigas de Afonso X o Sabio. Deu recitais por toda a Península e en Francia. Formou parte do grupo Voces Ceibes e a finais da década dos setenta formou o grupo Doa, no que foi cantante e instrumentista. No eido teatral, compuxo a música para as pezas Entremés famoso sobre da pesca no río Miño (1973), Zardigot (1974) e Os vellos non deben de namorarse (1977). Na súa discografía destaca: Ti Galiza (1977), cos textos das cancións traducidos por vez primeira a todas as linguas oficiais de España, e Treboada (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor cinematográfico. Coñecido como Fernando Rey, traballou no cine, na televisión, no teatro e na radio. Os seus filmes evolucionaron dende as realizacións históricas da posguerra ata o surrealismo. Da súa numerosa produción cinematográfica cómpre citar: Agustina de Aragón (1950), Cómicos (1954), Viridiana (1961), Tristana (1969), French Connection (Conexión francesa, 1971), Le charme discret de la bourgeoisie (O discreto encanto da burguesía, 1972), Ese obscuro objeto del deseo (1977), Bearn (1983), El aire de un crimen (1988), coa que conseguiu o premio de mellor actor no festival cinematográfico de San Sebastián, e Madregilda (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e político. Militou na CNT e interveu nas folgas de 1918 polo que tivo que fuxir de Barcelona. No 1921 participou no asasinato do presidente do goberno Eduardo Dato, en represalia pola persecución dos sindicalistas en Catalunya. Refuxiouse primeiro na URSS, onde ingresou no PCUS, e en 1924 participou na organización de varios movementos comunistas latinoamericanos dende México. No verán de 1932, tralo seu regreso a Barcelona, colaborou na fundación do Partit Comunista de Catalunya, adscrito ao Partido Comunista de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. Discípulo de Joan Vicens, en 1882 estudiou no obradoiro de Carolus Duran en París, onde pintou un autorretrato vestido de andaluz que foi admitido no Salón de 1883. En 1890, con Rusiñol e Miquel Utrillo, instalouse no Moulin de la Galette en Montmartre, etapa destacada con cadros como Plein air (1891) e Ball al Moulin de la Galette (1893) e caracterizada, no que respecta ao debuxo, pola influencia de Toulousse-Lautrec, Steinlein e Forain. De regreso a Barcelona, realizou unha serie de obras que amosaban a conflitividade social da época como Garrote vil (1894), La càrrega (1902) e a vida popular como Ball de tarda (1895) e Processó de Santa Maria del Mar (1896). Na plenitude do modernismo, representou a conxunción do realismo do s XVII e as suavidades impresionistas co sintetismo da pincelada e a sutileza dos tons vivos dentro dunha atmosfera agrisada. En 1897, con Rusiñol, Utrillo e Pere Romeu, abriu a cervexería...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anta situada na parroquia de Cures (Boiro) que se atopa nunha das áreas de maior densidade de megalitos. Aprécianse restos do que foi a mámoa e ten planta poligonal. Formada por sete chantas, e a tampa, só conserva unha laxe do corredor e unha das chantas. Aínda que non se teñen noticias de achados no seu interior, unha das laxes está gravada con dúas figuras, unha antropomorfa e outra circular. As análises polínicas amosaron a existencia dunha paisaxe con abundancia de gramíneas e pequenas masas arbóreas (Quercus). Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.
-
PERSOEIRO
Militar e político peruano. En 1824 participou na Batalla de Ayacucho, e entre 1831 e 1841, nos intentos de invasión de Bolivia. En 1844, logo de enfrontarse cos xefes militares, derrocou o ditador Vivanco. Ocupou a presidencia da República entre 1845 e 1851 e entre 1854 e 1862. Deulle estabilidade política e económica ao país, creou un monopolio sobre a explotación dos depósitos de guano, e aboliu a escravitude dos negros e o tributo persoal dos indios. Promulgou a Constitución de 1860 que introduciu o sufraxio universal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político arxentino. Membro do partido conservador, foi senador entre 1932 e 1935. Ministro de Xustiza, Instrución Pública e Interior en 1936, chegou a vicepresidente do goberno en 1937, e dous anos despois accedeu á presidencia. Durante o seu mandato, coetáneo cos primeiros anos da Segunda Guerra Mundial, proclamou a neutralidade do seu país. En 1943 derrocouno un golpe militar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e dobrador. Participou como actor de teatro en diversos traballos do grupo Itaca e colaborou con Producións do Noroeste no espectáculo Rei Lear (1990). Traballou tamén nos filmes Divinas palabras (1987) e Era unha vez (1999).
VER O DETALLE DO TERMO