"RCA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 608.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1252-1259). Gobernador das illas Falsten e Lealand, foi nomeado rei trala morte dos seus irmáns Abel e Erik. O seu reinado caracterizouse polo enfrontamento cos bispos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1320-1326 e 1330-1332) e duque de Estonia (1303). Sucedeu ao seu irmán Erik IV, logo de destronalo e pactar cos bispos e cos nobres o mantemento das súas liberdades. Ao non respectar os acordos, os nobres destronárono en 1326 e instauraron no trono a Valdemar III. No 1330 recuperou a coroa, aínda que a nobreza volveu derrocalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1440-1448), de Suecia (1441-1448) e de Noruega (1442-1448). Sucesor en Dinarmarca de Erik de Pomerania, fomentou o comercio interior e exterior e loitou contra a Liga Hanseática. Promoveu un goberno autóctono en cada reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valido de Enrique IV de Castela. Obtivo os títulos de conde de Ledesma (1462), mestre de Santiago (1464) e duque de Alburquerque (1464). Os rumores atribuíronlle unha relación coa Raíña Xoana de Portugal e a paternidade da infanta Xoana a Beltranexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (22.623 km2; 1.975.564 h [estim 1997]). A capital é Santa Fe de Bogotá. Ocupa a vertente occidental da cordilleira dos Andes e o altiplano que se estende ao seu pé ata a Cordillera Central. Os chibchas habitaron este territorio na época precolombina. En 1536, Jiménez de Quesada matou o derradeiro zipa chibcha, Tziquesuna, e fundou Santa Fe. Foi o centro político de Nueva Granada. En 1857, a loita civil entre federais e centralistas desembocou na constitución do estado federal de Cundinamarca (Bogotá, Cundinamarca, Tequendama e Zipaquirá). A partir de 1886 converteuse en departamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica barca e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liña fronteiriza establecida entre os daneses e os franceses no s VIII na marxe dereita do río Eider. O nome, de orixe latina, evolucionou ata derivar en Danmark (‘Dinamarca’).
-
-
irar ou inclinar algunha cousa para que quede boca abaixo ou verta o seu contido.
-
Ir cara a abaixo nun camiño.
-
Precipitarse ou caer un líquido por algún sitio.
-
-
-
-
Maxistrado, elixido anualmente na antiga Grecia, que representaba o demo (δῆμος) e administraba os asuntos locais. Ocupábase da actualización dun listado dos maiores de dezaoito anos, que adquirían os seus dereitos como cidadáns cando se inscribían nel.
-
Alcalde dun municipio grego.
-
-
Gobernador dunha provincia ou nomo no antigo Exipto.
-
-
-
Acción e efecto de demarcar, de fixar un límite.
-
Terreo demarcado.
-
Liña de separación, natural ou convencional, entre dous ou máis territorios. Considérase natural se o trazado se adapta aos principais accidentes do relevo. Pode referirse ás fronteiras entre os estados ou ben ás divisións ou subdivisións dentro do propio Estado. Ademais destas demarcacións de tipo político, pódense trazar, sobre a base destas, outras como as eclesiásticas, as militares, as sanitarias ou as universitarias.
-
Parte do terreo de xogo que se lle asigna a cada xogador nos deportes de oposición.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán aparecida en febreiro de 1990 en Vilagarcía de Arousa co subtítulo de “Periódico mensual de temas empresariales”. Editouno a Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vilagarcía de Arousa. Coordinada por Lucrecia Maldonado, contaba cun consello editorial formado por José A. Gago, Luis Jueguen e José M. Siso, e cun consello de redacción nos que figuraban Pablo Vioque e Ignacio García Sánchez. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Energía”, “Tribunales”, “Opinión”, “Navegación”, “Comarcas” e “Legislación”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que demarca.
-
Signo con valor fonolóxico (fonema ou non, múltiple ou sinxelo) que aparece no límite dunha palabra, inicio ou final, e sinala nunha lingua dada a limitación formal entre as distintas unidades.
-
-
-
Sinalar os límites dun territorio ou dun terreo.
-
Delimitar os dereitos, responsabilidades e atribucións de alguén.
-
Fixar unha liña divisoria imaxinaria, nun texto científico, entre o discurso sancionado da ciencia e o discurso ideolóxico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se desembarca.
-
-
Sacar ou facer saír algo ou alguén dunha embarcación, aparato aéreo ou tren.
-
Baixar dunha embarcación, aparato aéreo ou tren.
-
Deixar alguén de pertencer á tripulación dun barco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminar a auga dun lugar que está encharcado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar a volta a algo que está envorcado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de desmarcar ou desmarcarse.
-
-
Quitar a marca dun obxecto marcado.
-
Sacar os marcos a algo.
-
Evitar un xogador, no fútbol e noutros deportes de oposición, ser marcado polos xogadores contrarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desmarcarse.