"RIM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 390.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro libro coñecido publicado en éuscaro (Bordeos, 1545), conservado na Bibliothèque Nationale de París. Trátase dun pequeno libro de poesías de Bernat Detxepare.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que presenta maneiras consideradas socialmente como propias dun home.
-
-
Instrumento de percusión, semellante ao tambor, propio dalgúns países africanos.
-
Instrumento de percusión, semellante a un xilófono, que se introduciu no folclore sudamericano.
-
Serie de golpes que se lle dan a unha persoa ou animal.
-
-
PERSOEIRO
Erudito e escritor. Foi investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), en Madrid. Especializado na historia da filosofía e na ideoloxía política dos ss XVI e XVII, elaborou diversas edicións críticas de obras de G. D. Campanella, J. Althusius, Guillerme de Ockham, H. Grotius e G. W. Leibniz. Escribiu, en colaboración con M. Morán, Tratados internacionales de España: Carlos V (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao matrimonio.
-
-
-
Unión dun home e unha muller, lexitimada pola sociedade, para formar un núcleo social. A forma desta unión configura a estrutura das sociedades. A variedade de formas é moi grande: unión dun home e unha muller que viven cos seus fillos; unión dun home con varias mulleres, que teñen todas o mesmo status no núcleo familiar ou que teñen distinto status. O status do futuro cónxuxe é un aspecto moi importante nas regras que rexen para escoller marido ou esposa. A importancia deste feito varía segundo a sociedade sexa igualitaria ou estratificada. O matrimonio occidental está moi influído pola concepción monogámica hebraica--cristiá e polas características do espírito contractual do dereito romano. Desde a fin do Imperio Romano a Igrexa foi asumindo a función xurídico-social do matrimonio, que se converteu nunha función unicamente canónica e relixiosa. Como institución civil renaceu en 1580 en Países Baixos e despois en Inglaterra e nas colonias británicas de América do Norte. A Revolución Francesa...
-
Unión legal de dous individuos independentemente do seu sexo.
-
matrimonio clandestino
Unión contraída sen a presencia do párroco e sen testigos.
-
matrimonio de conciencia
Unión que se celebra en segredo por motivos graves, pero con aprobación da autoridade competente.
-
matrimonio in articulo mortis/in extremis
Unión que se celebra cando un dos contraentes está próximo á morte.
-
matrimonio morganático
Unión contraída entre unha persoa de estirpe real e outra de rango inferior.
-
matrimonio por poderes
Unión contraída en que unha das partes ou ambas as dúas celebran o acto público contractual por medio dun apoderado. 8
-
-
Estado de alguén que se uniu en matrimonio.
-
Parella que está unida en matrimonio.
-
-
PERSOEIRO
Escritor bielorruso. De nome Šalom Ya’akov Abramovitz, formouse na tradición hebrea estrita, e propuxo a reforma e a educación das comunidades xudías en Rusia. Comezou a súa obra con sátiras escritas nun hebreo de estilo bíblico, que decontado substituíu polo yiddish, co que se converteu así nun dos creadores do yiddish literario moderno. Da súa produción destacan as novelas Dos Kleyne Menshele (O home pequeno, 1864), Kitser masoes Binyomin hashlishi (Viaxes e aventuras de Benxamín III, 1875) e Sefer ha-kabzanim (O libro do mendigo, 1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que se editou en Lugo a partir de 1892 como órgano de expresión da Asociación Provincial del Profesorado de Enseñanza Primaria desa cidade. O seu fundador e director foi Celestino Buján Suárez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Romántico nos temas e clásico no estilo, foi o renovador do clasicismo na época romántica. Logrou compaxinar a súa carreira administrativa no ministerio de Comercio cos ambientes literarios da época, nos que coñeceu a Stendhal. Comezou cunha serie de obras de teatro, como Cromwell (1822), para dedicarse despois á novela histórica, da que destaca Chronique du règne de Charles IX (1829). Publicou tamén contos e novelas curtas, como Mateo Falcone (1829) ou Le vase étrusque (1830), nos que tratou temas como a violencia ou a crueldade humanas. Da súa produción destacan Les âmes du purgatoire (1834), Colomba (1840) e Carmen (1845), a súa mellor obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento de medida de interferencias luminosas efectuado, cun interferómetro de Michelson, por A. Michelson e E. W. Morley. Foi famoso porque decidiu negativamente a cuestión de se a Terra se movía ou non respecto ao éter e, en consecuencia, porqué obrigou a rexeitar a existencia deste éter. O resultado negativo do experimento explícase pola relatividade especial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para medir correntes eléctricas en microamperes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que mide a intensidade dunha corrente eléctrica en miliamperes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento destinado a medir a carga eléctrica do electrón, realizado entre 1910 e 1916 por un equipo dirixido por R.A. Millikan. O experimento consiste esencialmente en facer caer gotas de aceite, mediante un pulverizador, no seo dun campo eléctrico. Algunhas das gotas cárganse electricamente e, se se dá ao campo eléctrico un valor apropiado, é posible equilibrar a caída. Millikan observou que os valores das cargas eléctricas das gotas son múltiplos enteiros dunha cantidade fixa, que é a carga elemental.
-
LAGOAS
Lagoa litoral situada entre Uruguay e Brasil (2.966 km2) que desauga na Lagoa dos Patos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é extremadamente miserable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén unha soa rima en todos os seus versos.
-
PERSOEIRO
Artista plástico. Desde 1971 reside en EE UU, onde traballou no Institute of Technology of Massachusetts. Iniciouse na pintura e ao redor de 1971 aproximouse á arte conceptual. Posteriormente, centrouse na experimentación sobre medios alternativos, especialmente a videoarte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos tratados de paz que puxeron fin á Guerra dos Trinta Anos no Mar Báltico e que tiveron lugar en Oliva (maio de 1660), Copenhaguen (xuño de 1661) e Kardis (xullo de 1661) entre Suecia, Dinamarca, Polonia e Rusia. Suecia obtivo o recoñecemento da súa soberanía sobre Pomerania, Livonia, Escania, Blekinge e as illas Åland, feito que significaba a hexemonía sobre o Mar Báltico.
-
-
Acción e efecto de nutrir ou nutrirse.
-
nutriente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo mítico que se asentou no NO da Península Ibérica antes da chegada dos pobos celtas. Segundo a Ora maritima (s IV), obra do poeta e xeógrafo romano Rufo Festo Avieno, este pobo fuxiu por unha invasión dunha praga de serpes.