Mendele, Mo er Sfarim

Mendele, Mo er Sfarim

Escritor bielorruso. De nome Šalom Ya’akov Abramovitz, formouse na tradición hebrea estrita, e propuxo a reforma e a educación das comunidades xudías en Rusia. Comezou a súa obra con sátiras escritas nun hebreo de estilo bíblico, que decontado substituíu polo yiddish, co que se converteu así nun dos creadores do yiddish literario moderno. Da súa produción destacan as novelas Dos Kleyne Menshele (O home pequeno, 1864), Kitser masoes Binyomin hashlishi (Viaxes e aventuras de Benxamín III, 1875) e Sefer ha-kabzanim (O libro do mendigo, 1901).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kopyl, Minsk

  • Deceso

    Lugar : Odessa