"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Autor, actor e presentador de radio e televisión. Iniciou a súa traxectoria profesional co grupo Ítaca, participando en espectáculos como As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1980) ou Historia do zoo (1981). Posteriormente traballou con Producións do Noroeste nos espectáculos Os xustos (1991), A grande noite de Fiz (1992) ou Galileo (1993), con Teatro do Aquí, en Días sen gloria (1993) e co Teatro do Morcego, en Doberman (1994). Co Centro Dramático Galego participou en A fiestra valdeira (1994) e na montaxe musical de O arce no xardín (1989). En 1993 creou a compañía Arre Producións, coa que produciu os espectáculos Directamente Paco I (1991), Directamente Paco II (1993) e A histe(o)ria de Lili Brown (1995). En 1998 recibiu, xunto con Cándido Pazó e X. A. Porto Josito, o Premio María Casares á Mellor Adaptación pola dramaturxia textual do espectáculo Nano,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Director editorial. Realizou estudios de Marketing e publicidade. Foi director de marketing da editorial Anaya e traballou tamén para a empresa editorial Asuri de Bilbao. Foi socio-fundador e director administrativo de Edicións Xerais de Galicia xunto con Xulián Maure, e socio-fundador e director editorial de Edicións do Cumio. Destaca nel o seu carácter pioneiro e creativo dentro do mundo editorial galego. Foi presidente da Asociación Galega de Editores. O Premio de Narrativa Eixo Atlántico leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Xeneral do corpo xurídico militar, opúxose á ditadura do xeneral Primo de Rivera. Ao proclamarse a República foi nomeado director xeral de Seguridade, cargo do que dimitiu en protesta polos incendios provocados nos conventos de Madrid. Publicou Los procesos militares durante la Ditadura (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coreógrafo e bailarín. Foi o primeiro bailarín da Scala de Milán e director da súa academia de danza. É autor de diversas obras teóricas, entre as que destaca Tratado elemental da arte da danza (1820).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Dirixiu diversas expedicións en Grecia. No ano 1939 descubriu a localización do posible palacio do Rei Néstor en Pilos. Traballou na American School of Classical Studies de Atenas. É autor das obras: Troy: excavations conduted by the University of Cincinnati (Troia: escavacións efectuadas pola Universidade de Cincinnati, 1932-1938), Troy and the trojans (Troia e os troianos, 1963) e The Palace of Nestor at Pylos in Western Messinia (O palacio de Néstor en Pilos na Messinia occidental, 1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Despois de publicar novelas histórico-románticas como Dies irae (O día da ira, 1882), participou no movemento naturalista con novelas como Grossenwahn (Delirio de grandeza, 1887). Escribiu tamén dramas e ensaios históricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e financeiro alemán. Traballou no Reichsbank (1920-1929), no Banco de Pagamentos Internacionais (1930-1934) e dirixiu o Reichsbank (1937-1939). Destituído, pasou a ocupar outros cargos en empresas e bancos como Uniliver, Daimler Benz AG e Deutsche Unionbank. Nos anos 1958-1969 foi presidente do Deutsche Bundesbank, onde se distinguiu pola súa demanda de revalorización do marco. Dende 1958 foi un dos directores do Banco de Pagamentos Internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Aprendeu o oficio de modelista nunha fundición artística, á vez que iniciaba os seus estudios na Escola de Artes Decorativas de Berlín e na Academia de Leipzig. Foi coleccionando plantas e realizando os seus primeiros traballos fotográficos nas súas viaxes por Italia, Grecia e polos países de África do Norte. A partir de 1898 empregou este material para a docencia da modelaxe no Museo de Artes Decorativas de Berlín, onde impartía clase. En 1900 realizou a primeira serie fotográfica de plantas. Publicou os libros: Urformen der Kunst (1928) e Wundergarten der Natur (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e crítico literario italiano. Existencialista católico, da súa obra cómpre subliñar Della letteratura e altri saggi (Da literatura e outras sabedorías, 1953), La religione di Serra (A relixión de Serra, 1967) e Aspettando il vento (Agardando o vento, 1976). No ano 1945 publicou un estudo acompañado dunha tradución de poesías de F. García Lorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e xornalista alemán moi prolífico. Conxugou o Expresionismo das súas primeiras producións coa propaganda nazi e as comedias musicais da posguerra. Realizou, entre outras moitas películas: Farmer Borchard (O granxeiro Borchard, 1918), Ein kind-ein Hund (Un can moi novo, 1923), Kinder der Strasse (Nenos da rúa, 1928), Theodor Körner (1932), Engel mit kleinen Fehler (Anxo con pequenos erros, 1936), Hochzeitsnacht (Tras moito tempo, 1941), Die spanische Fliege (A mosca española, 1955) e Vater macht Karriere (O pai fai carreira, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra austríaco. Foi Kapellmeister na ópera de Múnic (1923), director en Darmstadt (1927), na ópera de Hamburgo (1931), na de Dresden (1934) e na de Viena (1954). Dirixiu as orquestras filharmónicas de Berlín e de Viena. Foi considerado un dos mellores directores contemporáneos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín de carácter oficial editada polo Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1982. O primeiro número referíase á primeira lexislatura, en 1981. Esta publicación bilingüe incluía seccións como “Índice”, “Decretos”, “Comisións”, “Acordos”, “Disposicións”, “Enmendas”, “Artigos”, etc. Tiña unha periodicidade irregular.
-
PERSOEIRO
Impresor de Barcelona. En 1505 adquiriu unha imprenta propia e traballou con Luschner. Publicou o vocabulario latino-catalán de Nebrija (1507) e tamén edicións baratas de libros de grande tiraxe, amais de obras de autores como Ausiàs March, Juan Boscán e Garcilaso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Napoleón III.
-
PERSOEIRO
Naturalista e filósofo. Descubriu (1740) a existencia da partenoxénese nos animais, concretamente nos áfidos. Estudiou tamén a rexeneración da hidra de auga doce e doutros invertebrados. Unha enfermidade da vista impediulle utilizar o microscopio e ocupouse de problemas de fisioloxía vexetal ata que, polo ano 1745, abandonou toda investigación e dedicouse unicamente á especulación filosófica. Afirmou a importancia da sensación como fundamento da vida psíquica, pero admitía a intervención activa do espírito na transformación das sensacións (palinxenesia). As súas obras máis importantes son Traité d’insectologie (Tratado de insectoloxía, 1745), Essai analytique sur les facultés de l’âme (Ensaio analítico sobre as facultades da alma, 1760) e La palingénésie philosophique (A palinxenesia filosófica, 1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Baixo a influencia de Madame de Staël publicou Voyage sur la scène des six derniers livres de l’Enéide (Viaxe sobre a escena dos seis últimos libros da Eneida, 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Armador e sociólogo. Preocupado polos problemas dos traballadores e proletarios, estudiou os seus conflitos no clásico da sociografía Life and labour of the people of London (Vida e traballo da xente de Londres, 1891-1897). Elaborou un proxecto a prol das pensións de vellez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de San Jaime. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Afonso Carlos I, irmán de Carlos VII. En 1871 casou con María das Neves de Braganza, infanta de Portugal. Durante a Terceira Guerra Carlista foi designado capitán xeneral das forzas de Catalunya (1872-1876). En 1931, ao morrer sen fillos o seu sobriño Xaime, converteuse en pretendente. Rompeu as negociacións que iniciara co destronado Afonso XIII e mostrouse de acordo coa entrada dos carlistas no levantamento de 1936. Morreu sen fillos, deixando irresoluta a súa sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos VII. Neto de Carlos María Isidro de Borbón e sobriño do conde de Montemolín. En 1866 casou con Margarida de Borbón, filla do duque de Parma. Reorganizou o Carlismo. En 1869 promulgou o seu primeiro manifesto político onde prometeu a defensa da unidade relixiosa, a descentralización política e o proteccionismo económico. Ese mesmo ano intentou un golpe militar a prol do Carlismo. En 1872 impulsou a loita carlista, que se estendeu a Catalunya, País Vasco e Navarra, que continuou despois da proclamación de Afonso XII (1874) e que rematou en 1876. Un ano despois reorganizou de novo o Carlismo e en 1900 fixo un novo levantamento militar. Sucedeulle como pretendente o seu fillo Xaime de Borbón e de Borbón-Parma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Montemolín, fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista á coroa de España (1845) co nome de Carlos VI. Intentou o seu casamento coa Raíña Isabel II. Mentres era rei pretendente tivo lugar en Catalunya a segunda guerra Carlista. No 1860 levou a cabo unha rebelión militar desde San Carlos de la Rápita, foi prendido e condenado a morte, aínda que sería indultado ao renunciar ao trono (Tortosa, 23.3.1860). Máis tarde, ante as pretensións do seu irmán Xoán Carlos, invalidou a renuncia.
VER O DETALLE DO TERMO