Bonnet, Charles
Naturalista e filósofo. Descubriu (1740) a existencia da partenoxénese nos animais, concretamente nos áfidos. Estudiou tamén a rexeneración da hidra de auga doce e doutros invertebrados. Unha enfermidade da vista impediulle utilizar o microscopio e ocupouse de problemas de fisioloxía vexetal ata que, polo ano 1745, abandonou toda investigación e dedicouse unicamente á especulación filosófica. Afirmou a importancia da sensación como fundamento da vida psíquica, pero admitía a intervención activa do espírito na transformación das sensacións (palinxenesia). As súas obras máis importantes son Traité d’insectologie (Tratado de insectoloxía, 1745), Essai analytique sur les facultés de l’âme (Ensaio analítico sobre as facultades da alma, 1760) e La palingénésie philosophique (A palinxenesia filosófica, 1760).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xenebra -
Deceso