"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Muro, no concello do Porto do Son, situada ao S do Cabo Teira e ao N da punta Sus Brañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito da amorodeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que coida ou cría carneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enseada da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral meridional das parroquias de Carreira e Aguiño, no concello de Ribeira.

    2. Acción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro, ou para realizar calquera cousa.

      1. Competición consistente en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal. Existen diversas variantes de carreiras, segundo as diferentes modalidades deportivas; entre elas destacan as carreiras de atletismo, de automobilismo, de cabalos (hípica), de ciclismo, de patinaxe e de esquí. Como tipos fundamentais e claramente diferenciados, cabe distinguir as carreiras de velocidade pura e as de resistencia ou regularidade, denominadas tamén, nalgúns deportes, carreiras de fondo. Segundo o marco no que teñen lugar, fálase de carreira en circuíto pechado (ou carreira en estadio), carreira en pista e carreira en campo aberto. Cando a distancia a percorrer está dividida en partes, fálase de carreira por etapas. Coñécense, finalmente, as carreiras por equipos como aquelas que disputan un conxunto...

      2. carreira contra reloxo

        Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.

      3. carreira de cros

        Competición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto, é dicir, sobre terreo natural non pavimentado. As probas de campo a través nas dúas primeiras modalidades adoitan celebrarse na tempada invernal e non forman parte do programa dos Xogos Olímpicos, ao contrario que as carreiras hípicas.

      4. carreira de obstáculos

        Carreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del. Dispútanse no interior de estadios e hipódromos, respectivamente. Os competidores participan na carreira simultaneamente e proclámase vencedor o que consegue chegar á meta en primeira posición.

      5. carreira de sacos

        Competición entre persoas que corren coas pernas metidas nun saco e van avanzando a saltos.

      1. ía estreita destinada ao tránsito de persoas e vehículos, especialmente os carros.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Patos Enseada da beira meridional da ría de Vigo, que se estende entre o litoral das parroquias de Panxón e Priegue, no concello de Nigrán, e a de Saiáns, no concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribeira baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido procedente dun topónimo que fai referencia á existencia no lugar dun camiño polo que circulaba o carro. Documéntase no s XIV: “Pero Martinez da Careyra” (doc ano 1310 en E. Portela Silva “La región del obispado de Tuy en los siglos XII-XV”, en Compostellanum 20, 1975, p 385). A mesma orixe ten o apelido Carreiro. Ambos os dous aparecen frecuentemente castelanizados (Carrera e Carrero). No caso de Carreiro non se pode descartar a posibilidade de que a súa orixe estea nun alcume profesional que se lle aplicaba a individuos que tiñan por oficio facer ou reparar carros.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, dúas cadeas de ouro, postas en banda. Outra variante leva, en campo de azul, unha barra de ouro, cargada dun león rampante de goles, mirando cara ao flanco sinistro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral meridional das parroquias de Carreira e Aguió, no concello de Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro, ou para realizar calquera cousa.

      1. Competición consistente en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal. Existen diversas variantes de carreiras, segundo as diferentes modalidades deportivas; entre elas destacan as carreiras de atletismo, de automobilismo, de cabalos (hípica), de ciclismo, de patinaxe e de esquí. Como tipos fundamentais e claramente diferenciados, cabe distinguir as carreiras de velocidade pura e as de resistencia ou regularidade, denominadas tamén, nalgúns deportes, carreiras de fondo. Segundo o marco no que teñen lugar, fálase de carreira en circuíto pechado (ou carreira en estadio), carreira en pista e carreira en campo aberto. Cando a distancia a percorrer está dividida en partes, fálase de carreira por etapas. Coñécense, finalmente, as carreiras por equipos como aquelas que disputan un conxunto de participantes que se relevan sucesivamente para completar o percorrido.

      2. carreira contra reloxo

        Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.

      3. carreira de cros

        Competición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto, é dicir, sobre terreo natural non pavimentado. As probas de campo a través nas dúas primeiras modalidades adoitan celebrarse na tempada invernal e non forman parte do programa dos Xogos Olímpicos, ao contrario que as carreiras hípicas.

      4. carreira de obstáculos

        Carreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del. Dispútanse no interior de estadios e hipódromos, respectivamente. Os competidores participan na carreira simultaneamente e proclámase vencedor o que consegue chegar á meta en primeira posición.

      5. carreira de sacos

        Competición entre persoas que corren coas pernas metidas nun saco e van avanzando a saltos.

      1. ía estreita destinada ao tránsito de persoas e vehículos, especialmente os carros.

      2. Camiño delimitado por árbores nunha horta, nun parque ou nun xardín.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral meridional das parroquias de Carreira e Aguiño, no concello de Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor portugués. Foi primeiro mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela e da de Braga, cargo que desempeñou dende 1613 ata o seu pasamento en 1637. Consérvanse diversas composicións da súa autoría, entre as que destaca unha das obras musicais máis antigas na que a arpa desempeña a función de baixo continuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Eo pola esquerda. Nace na parroquia de Vilaformán (concello de Trabada) e drena este municipio de O a L ata a súa desembocadura, no límite coa parroquia e concello de San Tirso de Abres, no Principado de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, tres besantes de prata ben ordenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Camiño estreito reservado ao paso de xente a pé.

      2. Camiño provisional que se crea polo paso continuo de xente e que desaparece no momento en que se deixa de transitar por el.

    1. Camiño estreito que pasa entre montañas polo que só poden transitar persoas ou animais.

      1. Regueiro que fai a chuvia ou a auga que atravesa un camiño ou unha estrada.

      2. Raia que fan as bágoas cando esvaran pola cara.

    2. Liña coa que se separan os cabelos ao peitealos, dispoñéndoos a un lado e outro.

    3. Ringleira que forman as formigas cando camiñan unhas detrás das outras.

    4. ía láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia e concello de Cedeira, situada na boca da ría de Cedeira, na súa beira oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral setentrional da parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove, situada ao L da punta de San Vicente. No seu sistema de dunas localizouse e escavouse o xacemento arqueolóxico do Adro Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que remite a Carreira. Documéntase no s XIV: “Johan dito Carreyro” (doc ano 1321 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala do devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 182).

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha faixa de sinople cargada de tres pedras ao natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia moi pequena situada en pleno casco urbano de A Guarda.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 20 metros ANCHURA MEDIA: 5 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Bolos / Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NONME: Hospital Xeral-Cíes DIRECCIÓN: C/ Pizarro, nº 22. Vigo TELÉFONO: 986 81 60 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA:...

    VER O DETALLE DO TERMO