carreira
(< lat v *carrarĭa ‘vía
-
Enseada da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral meridional das parroquias de Carreira e Aguiño, no concello de Ribeira.
-
s
f
Acción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro, ou para realizar calquera cousa.
Ex: Polo meu ben, procurarei non dar outra carreira así.
Sinónimos: corrida. -
[DEP]
-
s
f
Competición consistente en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal. Existen diversas variantes de carreiras, segundo as diferentes modalidades deportivas; entre elas destacan as carreiras de atletismo, de automobilismo, de cabalos (hípica), de ciclismo, de patinaxe e de esquí. Como tipos fundamentais e claramente diferenciados, cabe distinguir as carreiras de velocidade pura e as de resistencia ou regularidade, denominadas tamén, nalgúns deportes, carreiras de fondo. Segundo o marco no que teñen lugar, fálase de carreira en circuíto pechado (ou carreira en estadio), carreira en pista e carreira en campo aberto. Cando a distancia a percorrer está dividida en partes, fálase de carreira por etapas. Coñécense, finalmente, as carreiras por equipos como aquelas que disputan un conxunto de participantes que se relevan sucesivamente para completar o percorrido.
Confrontacións: corrida. -
carreira contra reloxo
Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.
-
carreira de cros
Competición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto, é dicir, sobre terreo natural non pavimentado. As probas de campo a través nas dúas primeiras modalidades adoitan celebrarse na tempada invernal e non forman parte do programa dos Xogos Olímpicos, ao contrario que as carreiras hípicas.
-
carreira de obstáculos
Carreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del. Dispútanse no interior de estadios e hipódromos, respectivamente. Os competidores participan na carreira simultaneamente e proclámase vencedor o que consegue chegar á meta en primeira posición.
-
carreira de sacos
Competición entre persoas que corren coas pernas metidas nun saco e van avanzando a saltos.
-
s
f
- s f
-
s
f
-
Conxunto de estudios científicos, técnicos ou humanísticos de carácter superior, que posibilitan a obtención dun título e capacitan para desenvolver unha determinada actividade profesional.
Ex: Comezou a carreira de dereito, pero logo cambiou a filosofía.
-
Actividade profesional, desenvolvida xeralmente nunha actividade pública tras recibir unha formación específica.
Ex: Comezou a carreira política como concelleiro da súa vila.
-
Traxectoria profesional dunha persoa ao longo da vida, especialmente nunha actividade de carácter público.
Ex: Durante a súa carreira desempeñou distintos postos na administración e na empresa privada.
-
-
-
Traxectoria seguida por un corpo, especialmente un astro.
-
Percorrido que realiza un vehículo, especialmente un taxi.
Ex: Os taxistas cobran un suplemento nas carreiras cara ó aeroporto.
-
s
f
[AERON]
Percorrido que fai un avión rodando por terra antes de elevarse (carreira de despegue) ou despois de tocar terra (carreira de aterraxe).
-
-
s
f
Filas de herba que se deixa o segador detrás de si ao cortala coa gadaña.
Ex: Fixo as carreiras todas torcidas porque non sabía segar coa gadaña.
-
s
f
[TECNOL]
-
Camiño que percorre algunha peza dun mecanismo durante o seu funcionamento.
-
Distancia máxima que pode percorrer o pistón dentro do cilindro. O inicio da carreira denomínase punto morto inferior (PMI) e o final punto morto superior (PMS). A carreira e o diámetro do cilindro determinan a cilindrada.
-
-
s
f
[TÉXT]
Percorrido que fai a lanzadeira do tear.
-
s
f
[TÉXT]
-
Defecto lonxitudinal dos tecidos ou dos xéneros de punto, producido, entre outros, pola falta de fíos ou pola existencia de fíos mal pasados.
-
Liña de puntos que se soltan nunha media e que poden producir que esta se desfaga.
Ex: Se che sae unha carreira na media, bótalle laca de uñas.
-
-
s
f
[ARQUIT]
Trabe horizontal que vai ao longo do tellado e que serve para reforzar as súas vertentes.
-
s
f
[HIST]
Ruta marítima regular entre portos afastados. Entre as máis significativas cabe sinalar a carreira de África, ruta seguida polos traficantes de escravos negros que unía os portos de África cos de América; a carreira de América, que seguían os barcos que facían as viaxes regulares entre a Península Ibérica e América; a carreira de Filipinas, seguida polos barcos que facían as viaxes regulares entre a Península Ibérica e as Filipinas, e a carreira de Indias, entre un porto da Península e outro calquera que non estivese en Europa nin no Mar Mediterráneo.
-
carreira de armamentos
[BÉL/POLÍT]
Carreira de armamentos.
Frases feitas
-
Á(s) carreira(s) loc adv Con rapidez, de présa. Ex: Non ten paciencia ningunha, fai todo ás carreiras.
-
Nunha carreira. loc adv Nun instante, en pouco tempo. SIN: axiña, de contado, de seguida, logo, pronto. Ex: Rematei o traballo que tiña pendente nunha carreira.
-
A/á carreira aberta. A todo correr.
-
Facer carreira de alguén. Facer que unha persoa entre en razón. Ex: É tan testudo teu curmán, que ninguén consegue facer carreira del.
-
Facer carreira. Conseguir prestixio nalgún labor ou nunha profesión. Ex: Se conseguiu facer carreira foi grazas ao seu talento e esforzo persoal.
-
Non lle facer carreira a un cego. Non lle amosar o bo camiño ao que vai descamiñado.
-
Unha carreiriña dun can. Unha distancia curta. Ex: Vive preto de aquí, a unha carreiriña dun can.
Refráns
- Cabalo á carreira, sepultura aberta.
- Máis corre un manccr que un trenco.