corrida

corrida

(< correr)

  1. Acción de correr ou correrse.

  2. s f

    Festexo típico español no que se lidan touros bravos.

  3. s f

    Acción de experimentar unha exaculación.

  4. corrida de arroaces [ETN]

    Actividade lúdica de pesca que tiña lugar na ría de Pontevedra en xornadas festivas. Consistía en agrupar en bandadas os arroaces e levalos a un sitio cercado cunha rede. Unha vez reunidos, os mariñeiros lanzaban dende as embarcacións os seus arpóns, provistos dunha punta que cravaban na pel do animal e aos que se lles ataba unha ave ou un obxecto que identificase o mariñeiro que fixera o lanzamento.

  5. corrida do galo [ETN]

    Xogo popular que se celebra no Entroido ou no domingo de Pascua. Para comezar, nalgúns lugares o galo céibase no medio dun curro de veciños e alí tíranlle laranxas bravas ata deixalo aparvado. Logo vén o xogo da pita cega, no que toman parte os mozos do lugar, que pode ter variantes: uns enterran o galo deixándolle fóra da terra só a cabeza, na que teñen que bater cunha espada os participantes; outros pendúrano polas patas dunha corda posta entre dúas árbores ou casas e os xogadores teñen que atinar con el; outros méteno dentro dunha ola de barro e o xogador ten que escachala cun pao. Antes de matar o animal, fórmase un tribunal popular que o xulgará por todos os delitos que cometeu ao longo da súa vida. A farsa remata coa lectura do testamento. A corrida nunca desapareceu de todo e hoxe en día hai lugares que a intentan recuperar malia a prohibición gobernamental.

Palabras veciñas

corricán -na | corricar | corricho | corrida | corrido* | corriente | Corrientes