corricán -na

corricán -na

(< corricar)

  1. adx e s

    Que ou quen anda dun lugar para outro e non está quieto.

    Ex: Este rapaz é un corricán, non para en todo o día.

    Sinónimos: fuxefuxe, fervellasverzas. Confrontacións: besbello.
  2. s m [PESCA]

    Aparello de pesca que se emprega na captura de atún, bonito e cabala que consiste nunha corda resistente e longa á que se fixa un anzol groso nun dos seus extremos; entre o anzol e a corda intercálase, ás veces, un anaco de cable delgado. Dende unha embarcación en marcha provista de longas perchas de madeira, bótanse diversas sedelas á auga con cebo natural ou artificial, onde os peixes quedan prendidos aos anzois. O número de sedelas que arrastra a embarcación depende do tamaño das varas e estas, á súa vez, das dimensións da embarcación, pero adoitan oscilar entre 10 e 15 m.

Palabras veciñas

correxencia | correxente | Corri, Domenico | corricán -na | corricar | corricho | corrida