camiño

camiño

(< lat v cammīnu)

    1. s m

      Calquera tipo de vía que se constrúe para enlazar un lugar con outro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Camiño de Roma, nin mula coxa nin bulsa frouxa. Cando no camiño hai carro, untalo carro. Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño de carro. No camiño de Santiago, tanto anda o coxo como o sano. O camiño da boca ninguén o equivoca. No camiño francés venden gato por res. O que está no camiño é do veciño. Pra andar camiño, leva pan e viño. Quen sementa no camiño, cansa os bois e perde o trigo”.

    2. s m

      Franxa de terreo para transitar dun lugar a outro. En Galicia, como en toda Europa, existían camiños moi primitivos que deberon ser ensanchados e arranxados polos pobos prerromanos ao introducirse o carro. Os colonizadores romanos contruíron as calzadas sobre estes camiños ou trazáronos de novo segundo as necesidades da estratexia militar (vía romana). Utilizados durante a Idade Media, o seu trazado aínda persiste esencialmente nas actuais vías de comuni-cación. Non foi ata o último terzo do s XVIII cando se iniciou o establecemento de novas rutas xerais de comunicación (estrada). Os camiños poden ser creados xuridicamente polo uso continuado durante un prazo de tempo ou pola acción da administración pública. En certas situacións as leis dan dereito a esixir o establecemento dun camiño en beneficio de predios incomunicados para acceder a bens de dominio público (praza, estrada, etc). No dereito romano clásico o camiño chamábase iter cando só era apto para pasar a pé ou en liteira; actus cando o era para pasar en cabalería ou mula; via se se podía pasar e transportar algunha cousa a pé, en carruaxe ou en cabalería; strata se o camiño estaba afirmado con lousas de pedra ou con grava; aditus cando o iter pasaba por unha canella entre edificios.

    3. camiño cuberto [BÉL]

      Nas fortificacións permanentes, espazo de tránsito e vixilancia que rodea e defende o foso, cunha banqueta ao longo, desde onde a gornición pode disparar por enriba do glacis, que lle serve de parapeto.

    4. camiño de a pé

      Camiño polo que só se pode andar.

    5. camiño de cabras/camiño raposeiro

      Camiño polo que é difícil transitar.

    6. ca-miño de carro

      Camiño feito cunha anchura suficiente para que poida pasar un carro.

    7. camiño de cintura

      Camiño de flanco que segue o contorno dunha montaña.

    8. camiño de cume

      Camiño que percorre o cumio dunha liña de crista orográfica sen evitar xeralmente os promontorios.

    9. camiño de desfiladeiro

      Camiño que aproveita o desfiladeiro dun río, aberto a miúdo na rocha ou mediante a construción de muros e pontes.

    10. camiño de ferradura

      Camiño que permite o paso de animais de ferradura cargados con angarellas e arreos, pero non o paso dos carros. Equivale ao actus romano.

    11. camiño de ferro

      ía de comunicación con carrís de ferro paralelos pola que circulan os trens.

      Sinónimos: ferrovía.
    12. camiño de flanco

      Camiño sen desniveis que pasa pola parte media da ladeira dun val ou dunha montaña.

    13. camiño de paso/camiño de servidume/camiño alleo

      Camiño que debe deixar o propietario dun campo para darlle paso a outro que carece de acceso directo á súa propiedade.

    14. camiño de rego

      Camiño que bordea todo o longo dun rego, xeralmente cun dos seus bordos endurecidos.

    15. camiño de rolda [BÉL]

      Corredor exterior, normalmente resgardado por un peitoril, que percorre a parte alta dunha muralla.

    16. camiño de sacramentos/camiño sacramental/camiño de vivos e mortos [RELIX]

      Camiño utilizado para ir administrar os auxilios espirituais para a condución de defuntos nos enterros ou nas antigas procesións rurais.

    17. camiño de sirga

      Camiño que bordea un río e que se utiliza para mover as embarcacións puxando delas dende a terra.

    18. camiño fondo

      Camiño propio das chairas, que aparece artificiosamente afundido no terreo para salvar un desnivel, encaixado entre marxes que cobren un home a cabalo, de xeito que aquel que o transita non se ve desde a superficie do campo que percorre.

    19. camiño forestal

      Camiño construído para a conservación e a explotación de bosques.

    20. camiño privado

      Camiño aberto para o uso e o servizo exclusivo de particulares.

    21. camiño público

      Camiño de uso público.

    22. camiño real

      Camiño público, o máis importante antes da construción das estradas, utilizado para as comunicacións xerais e de máis tránsito.

    23. camiño ribeirego

      Camiño que segue a beira dunha corrente fluvial. Pode ser unha simple senda, un camiño de ferradura ou un camiño de carro.

    24. camiño veciñal

      Camiño construído e conservado a expensas do municipio con subvención estatal ou das deputacións provinciais, ou ben totalmente ao seu cargo, aínda que o concello pode facer repartos entre os veciños. O camiño tamén pode ser obra dunha comunidade de veciños ou dos propietarios dunhas terras.

    1. s m

      Percorrido que fai ou ten que facer unha persoa ou unha cousa para ir dun lugar a outro determinado.

      Ex: Atopou a seu pai no camiño do colexio á parada do autobús. 

    2. camiño crítico

      Nunha programación feita mediante un gráfico ou rede do tipo PERT, Roy, etc, liña que seguen as diferentes fases dun proceso de produción que non teñen ningunha marxe nas datas de comezo e de remate. O acurtamento ou alongamento do tempo prescrito para calquera destas fases comporta un acurtamento ou un alongamento do prazo final de toda a produción.

    3. camiño óptico [L] [FÍS]

      Nun medio homoxéneo e isótropo, de índice de refracción n, produto da distancia xeométrica s que separa dous puntos dun mesmo raio luminoso polo índice de rafracción n: L=ns. Pode ser interpretado como a distancia que percorrería a luz no baleiro, nun tempo igual ao tempo que tardou en percorrer a traxectoria no medio real.

  1. s m

    Acción de percorrer o espazo que leva dun lugar a outro.

    Ex: Todos os días fai o mesmo camiño para ir á oficina. 

  2. s m

    Percorrido dunha cousa en movemento.

    Ex: O Sil atravesa tres provincias no seu camiño. 

  3. s m

    Xeito de obrar para conseguir algo.

    Ex: Sempre lle advertiron que o camiño que seguía non era o mellor para acadar o triunfo. 

  4. s m

    Actividade ou modo de vida que escolle unha persoa.

    Ex: A súa humanidade conduciuna ó camiño da medicina. Elixiu o camiño da revolución para calmar o seu desacougo interno. 

Frases feitas

  • A medio camiño loc adv Na metade do camiño.

  • Abrir camiño. Dar os primeiros pasos nunha investigación ou situación similar. Ex: O descubrimento da penicilina abriu o camiño de novas investigacións.

  • Ir/tirar cada un polo seu camiño. Ser de opinións discordantes, obrar con independencia un do outro, especialmente os que teñen que estar de acordo.

  • Levar algún camiño. Ter trazas un traballo. Ex: Despois do esforzo realizado o traballo xa leva algún camiño.

  • 2 Que xa se venceron as dificultades.

  • 2 Con rapidez. Ex: Non te preocupes que a comida non está feita pero xa a preparo de camiño.

  • Abrirse camiño. Vencer as dificultades para chegar a un fin e progresar na vida. Ex: Aínda que era de familia pobre, pouco a pouco abriuse camiño no mundo empresarial.

  • Andar por camiños mallados. Estar predestinado.

  • Camiño da volta. Feito de dicir as cousas de forma pouco clara, mediante un rodeo.

  • De camiño 1 loc adv De paso, ao mesmo tempo. Ex: Miña nai pediume que, de camiño que ía á praza, lle trouxese peixe.

  • En todas partes hai un anaco de mal camiño. Na vida sempre hai algún disgusto que temos que afrontar.

  • Estar en camiño. Estar a piques de conseguir algo. Ex: A subvención para o noso proxecto está en camiño.

  • Ir polo mal/bo camiño. (Non) comportarse correctamente. Ex: Esa forma de contestarlle a súa nai demostra que vai por mal camiño.

  • Ir polo seu camiño/ir dereito polo camiño. Facer algo sen perder o tempo.

  • Levar camiño de. Comezar a verlle a solución a algún proxecto emprendido.

  • Levar medio camiño andado. Que xa venceu a metade das dificultades.

  • Levar o camiño andado 1 Que xa vai vello.

  • Máis vello ca os camiños. Moi vello. Ex: Non se sabe cántos anos ten, pero o que si é certo é que ten máis anos ca os camiños.

  • Saír ao camiño. Saír ao encontro de alguén. Ex: O seu namorado saíulle ao camiño na volta da fonte.

  • Seguir o seu camiño. Seguir cada un co seu rumbo de vida. Ex: Compartiron a vida dez anos e logo cada un seguiu o seu camiño.

  • Traer unha persoa a camiño. Convencer a alguén dalgunha cousa.