carreira

carreira

(< lat v *carrarĭa ‘vía

  1. Enseada da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral meridional das parroquias de Carreira e Aguiño, no concello de Ribeira.

  2. s f

    Acción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro, ou para realizar calquera cousa.

    Ex: Polo meu ben, procurarei non dar outra carreira así.

    Sinónimos: corrida.
  3. [DEP]
    1. s f

      Competición consistente en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal. Existen diversas variantes de carreiras, segundo as diferentes modalidades deportivas; entre elas destacan as carreiras de atletismo, de automobilismo, de cabalos (hípica), de ciclismo, de patinaxe e de esquí. Como tipos fundamentais e claramente diferenciados, cabe distinguir as carreiras de velocidade pura e as de resistencia ou regularidade, denominadas tamén, nalgúns deportes, carreiras de fondo. Segundo o marco no que teñen lugar, fálase de carreira en circuíto pechado (ou carreira en estadio), carreira en pista e carreira en campo aberto. Cando a distancia a percorrer está dividida en partes, fálase de carreira por etapas. Coñécense, finalmente, as carreiras por equipos como aquelas que disputan un conxunto de participantes que se relevan sucesivamente para completar o percorrido.

      Confrontacións: corrida.
    2. carreira contra reloxo

      Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.

    3. carreira de cros

      Competición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto, é dicir, sobre terreo natural non pavimentado. As probas de campo a través nas dúas primeiras modalidades adoitan celebrarse na tempada invernal e non forman parte do programa dos Xogos Olímpicos, ao contrario que as carreiras hípicas.

    4. carreira de obstáculos

      Carreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del. Dispútanse no interior de estadios e hipódromos, respectivamente. Os competidores participan na carreira simultaneamente e proclámase vencedor o que consegue chegar á meta en primeira posición.

    5. carreira de sacos

      Competición entre persoas que corren coas pernas metidas nun saco e van avanzando a saltos.

  4. s f
    1. ía estreita destinada ao tránsito de persoas e vehículos, especialmente os carros.

      Ex: Saíde da carreira e ide xogar onde non pase a xente.

      Confrontacións: camiño, camiño.
    2. Camiño delimitado por árbores nunha horta, nun parque ou nun xardín.

  5. s f
    1. Conxunto de estudios científicos, técnicos ou humanísticos de carácter superior, que posibilitan a obtención dun título e capacitan para desenvolver unha determinada actividade profesional.

      Ex: Comezou a carreira de dereito, pero logo cambiou a filosofía.

    2. Actividade profesional, desenvolvida xeralmente nunha actividade pública tras recibir unha formación específica.

      Ex: Comezou a carreira política como concelleiro da súa vila.

    3. Traxectoria profesional dunha persoa ao longo da vida, especialmente nunha actividade de carácter público.

      Ex: Durante a súa carreira desempeñou distintos postos na administración e na empresa privada.

    1. Traxectoria seguida por un corpo, especialmente un astro.

    2. Percorrido que realiza un vehículo, especialmente un taxi.

      Ex: Os taxistas cobran un suplemento nas carreiras cara ó aeroporto.

    3. s f [AERON]

      Percorrido que fai un avión rodando por terra antes de elevarse (carreira de despegue) ou despois de tocar terra (carreira de aterraxe).

  6. s f

    Filas de herba que se deixa o segador detrás de si ao cortala coa gadaña.

    Ex: Fixo as carreiras todas torcidas porque non sabía segar coa gadaña.

  7. s f [TECNOL]
    1. Camiño que percorre algunha peza dun mecanismo durante o seu funcionamento.

    2. Distancia máxima que pode percorrer o pistón dentro do cilindro. O inicio da carreira denomínase punto morto inferior (PMI) e o final punto morto superior (PMS). A carreira e o diámetro do cilindro determinan a cilindrada.

  8. s f [TÉXT]

    Percorrido que fai a lanzadeira do tear.

  9. s f [TÉXT]
    1. Defecto lonxitudinal dos tecidos ou dos xéneros de punto, producido, entre outros, pola falta de fíos ou pola existencia de fíos mal pasados.

    2. Liña de puntos que se soltan nunha media e que poden producir que esta se desfaga.

      Ex: Se che sae unha carreira na media, bótalle laca de uñas.

  10. s f [ARQUIT]

    Trabe horizontal que vai ao longo do tellado e que serve para reforzar as súas vertentes.

  11. s f [HIST]

    Ruta marítima regular entre portos afastados. Entre as máis significativas cabe sinalar a carreira de África, ruta seguida polos traficantes de escravos negros que unía os portos de África cos de América; a carreira de América, que seguían os barcos que facían as viaxes regulares entre a Península Ibérica e América; a carreira de Filipinas, seguida polos barcos que facían as viaxes regulares entre a Península Ibérica e as Filipinas, e a carreira de Indias, entre un porto da Península e outro calquera que non estivese en Europa nin no Mar Mediterráneo.

  12. carreira de armamentos [BÉL/POLÍT]

    Carreira de armamentos.

Frases feitas

  • Á(s) carreira(s) loc adv Con rapidez, de présa. Ex: Non ten paciencia ningunha, fai todo ás carreiras.

  • Nunha carreira. loc adv Nun instante, en pouco tempo. SIN: axiña, de contado, de seguida, logo, pronto. Ex: Rematei o traballo que tiña pendente nunha carreira.

  • A/á carreira aberta. A todo correr.

  • Facer carreira de alguén. Facer que unha persoa entre en razón. Ex: É tan testudo teu curmán, que ninguén consegue facer carreira del.

  • Facer carreira. Conseguir prestixio nalgún labor ou nunha profesión. Ex: Se conseguiu facer carreira foi grazas ao seu talento e esforzo persoal.

  • Non lle facer carreira a un cego. Non lle amosar o bo camiño ao que vai descamiñado.

  • Unha carreiriña dun can. Unha distancia curta. Ex: Vive preto de aquí, a unha carreiriña dun can.

Refráns

  • Cabalo á carreira, sepultura aberta.
  • Máis corre un manccr que un trenco.

Palabras veciñas

carrear | Carrefour | Carregal, lagoa de | carreira | Carreira | Carreira | Carreira