"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Revista de periodicidade anual publicada en Santiago de Compostela a partir de 1988. Subtitulada “Ciencias Sociais e Humanidades”, foi coordinada por distintos profesores da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Incluíu estudos monográficos sobre historia e sociedade relacionados con Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesión de fe xudía, coñecida pola primeira verba hebrea da pasaxe bíblica “Escoita, Israel, o Señor é o noso Deus, o Señor é o único”. Recítase á mañá e á tarde, e é un dos textos incluídos no filacterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega de natureza terráquea. Segundo Eurípides, morreu carbonizada por Zeus, Dioniso fíxoa resucitar, e recibiu o nome de Tiona. O mito foi tratado por Ovidio e Nonnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten case a mesma aparencia, as mesmas calidades ou as mesmas características que algo ou alguén.

    2. Aplícase aos termos alxébricos que conteñen as mesmas letras afectadas polos mesmos expoñentes.

      1. Aplícase ás dúas figuras xeométricas entre as que hai unha semellanza.

      2. Aplícase a dous polígonos que, tendo ángulos iguais, teñen os lados proporcionais.

    3. Pondera a intensidade, o tamaño ou a cantidade.

    4. Persoa ou cousa da mesma especie que outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de semellante.

    2. Aquilo que fai que unha cousa sexa semellante a outra.

    3. Transformación xeométrica T de O en O tal que a distancia entre as imaxes de dous puntos calquera é igual á distancia entre estes dous puntos multiplicada por unha cantidade constante positiva denominada razón da semellanza. Dúas figuras denomínanse semellantes se hai unha semellanza que transforma unha na outra. As semellanzas conservan a forma das figuras, pero cambian a magnitude, ancheándoa ou reducíndoa segundo a razón sexa respectivamente meirande ou menor que 1. As semellanzas de razón 1 chámanse isometrías ou movementos ríxidos. As homotecias son exemplos típicos de semellanzas. As semellanzas que conservan a orientación chámanse directas ou propias, e as que a cambian chámanse indirectas ou impropias. Toda semellanza ten un punto fixo, denominado centro de semellanza.

    4. Correspondencia entre os efectos causados por todas as forzas que actúan sobre o modelo de laboratorio e os causados por todas as forzas correspondentes que actuarían sobre o modelo a escala real.

    5. teoría de modelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter a aparencia dalgo ou dar unha impresión determinada.

    2. Ser unha cousa ou persoa semellante a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de semas que constitúen o contido semántico dun lexema. O termo úsase para designar o plano do significado das unidades lingüísticas lexicais, en oposición ao seu aspecto formal de significante, designado co termo de lexema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical galego formado en Vigo en 1984. Liderado por Alberto Comesaña, elaboraron un pop novidoso, irónico e provocador con toques eróticos. Da súa discografía destaca Lo estás haciendo muy bien (1985), El gusto es mío (1988) e Madurez (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de sementar.

    2. Aplícase á terra que se acaba de sementar.

    3. Aplícase ao conxunto de plantas sementadas.

    4. Aplícase ao campo ou peza cargados dun número ilimitado de obxectos idénticos, algúns dos que, representados nada máis na súa metade, saen do bordo do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen sementa.

    2. Que serve para sementar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina agrícola que, arrastrada por animais ou por un tractor, serve para sementar gran ou sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sementeira.

    2. Relativo ou pertencente á fecundación.

    3. Animal macho destinado á cría.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Esparexer ou plantar as sementes dunha planta na terra preparada para recibila, para que naza nela aquela planta.

      2. sementar á manta

        Sementar tirando puñados de gran.

      3. sementar a rego

        Sementar botando a semente a rego aberto.

      1. Cubrir de semente unha superficie.

      2. Cubrir unha superficie de algo que se vai ciscando.

    1. Esparexer cousas como se fosen sementes que se lanzan.

      1. Provocar que se orixine algunha cousa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Embrión en estado de vida latente, acompañado ou non de endosperma e de perisperma e protexido polo episperma. Procede do primordio seminal, unha vez fecundada a ovocélula e transformados os tegumentos no episperma. A semente é característica dos espermatofitos.

      2. Gran para sementar.

    1. Acción de sementar.

    2. Orixe ou causa de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado en Xenebra a partir de 1982. Subtitulado “Boletín da Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra”, funcionou como órgano de expresión desta sociedade de emigrantes galegos en Suíza. Coordinada por Xosé Sánchez e Xesús Baamonde, incluíu informacións da institución e da Federación de Sociedades Galegas nese país e contidos con traballos sobre literatura e artigos da actualidade en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sementar.

    2. Tempo en que se sementa.

    3. Terra que está sementada.

    4. Técnica de laboratorio que consiste en depositar microorganismos nun medio de cultivo e nun ambiente adecuado para que poidan medrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de difusión da cultura galega publicado ao redor de 1990 pola Sociedade Galega Sementeira, con sede en Basilea. Trataba temas referentes á lingua galega e a outros aspectos culturais e sociais relacionados con Galicia e contou coa colaboración de destacados escritores galegos, como Xesús Baamonde, Manuel Rivas e Uxío Novoneyra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán que constitúe o pico máis alto de Xava, Indonesia, ao L da illa. Ten un cráter de 500 a 600 m de diámetro e unha altitude de 3.676 m.

    VER O DETALLE DO TERMO