"Ube" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • PERSOEIRO

    Etnólogo e lingüista. Profesor na Universidade de Moscova (1915) e de Viena (1922), participou activamente nas tarefas do Círculo Lingüístico de Praga, onde se converteu nunha das figuras vangardistas da fonoloxía. En colaboración con Jakobson e Karcevski, redactou as teses, básicas para a fonoloxía, presentadas no Primeiro Congreso de Lingüistas da Haia (1928). Especialista en linguas eslavas, ugrofinesas e caucásicas, publicou Descrición fonolóxica da lingua rusa (1934) e Grudzüge der Phonologie (Principios da fonoloxía), publicado postumamente en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo que serve para gardar a pedra de afiar a gadaña e que vai suxeito á cintura do gadañeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos subterráneos en forma de tubérculo verrugoso ou liso que establecen micorrizas coas árbores. A trufa branca (T. aestivum) dáse sobre substrato calcario e é comestible. A trufa negra (T. melanosporum) ou trufa do Perigordo crece en aciñeirais e carballeiras e é un comestible moi apreciado polo seu aroma. A trufa avermellada (T. rufum) medra en bosques caducifolios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. tubérculo.

    2. Prominencia de substancia gris que está situada no chan do III ventrículo e está unida á hipófise polo talo pituitario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea de natureza tuberculosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado proteínico que se obtén a partir de cultivos filtrados de Mycobacterium tuberculosis. A de máis utilidade é a PPD (derivado proteínico purificado), que se emprega no diagnóstico de infeccións tuberculosas ao detectar a sensibilización fronte ao microorganismo que a produce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación dun ou máis tubérculos.

    2. Infección que provoca o bacilo da tuberculose.

    3. Tratamento ou diagnose dunha enfermidade con tuberculina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar a tuberculización dun órgano.

    2. Efectuar unha tuberculización.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Órgano caulinar subterráneo engrosado e rico en substancias de reserva.

      2. Prominencia arredondada da superficie dun órgano.

    1. Eminencia ou protuberancia dun órgano, especialmente dun óso.

    2. Lesión característica da tuberculose que está constituída pola reunión de diversos folículos tuberculosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Neoformación producida polo bacilo tuberculoso.

    2. Tumoración que está formada pola conglomeración de tubérculos.

    3. Absceso tuberculoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa causada polas bacterias do xénero Mycobacterium, principalmente pola especie M. tuberculosis, que se caracteriza por unha reacción inflamatoria a partir da que se forman os tubérculos. É unha enfermidade que primariamente afecta aos pulmóns pero que pode estenderse a calquera órgano do corpo humano, sobre todo ao cerebro, os riles, os ósos e as articulacións. Transmítese de persoa a persoa principalmente por vía aerea. Nun principio prodúcese unha infección que pode permanecer latente en equilibrio co sistema inmunolóxico do hospedeiro durante anos. Se este equilibrio se rompe desenvolverase a enfermidade como tal, en forma de tuberculose primaria ocasionalmente asintomática, ou posprimaria ou secundaria ou clínica característica. O seu tratamento lévase a cabo con antibióticos e quimioterápicos como a rifampicina, a isoniacida , a pirazidamida e o etambutol.

    2. granulia.

    3. Forma de tuberculose máis frecuente, que se caracteriza pola aparición, nos vértices en primeiro lugar, e logo no resto do pulmón, dunha infiltración de tubérculos con condensación do tecido pulmonar e formación de escavacións ou cavernas. Os seus síntomas xerais son: febre, perda do apetito, enfraquecemento, suores e caquexia progresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tubérculo.

      1. Relativo ou pertencente á tuberculose.

      2. Que ou quen padece tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao medicamento que inhibe o desenvolvemento da bacteria responsable da tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Engrosamento en forma de tubérculo dunha raíz ou doutro órgano.

      1. Eminencia ampla nun óso en que se insiren ligamentos ou tendóns.

      2. tuberosidade bicipital

        Eminencia ósea situada na extremidade umeral do radio, que serve para a inserción do tendón do bíceps.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten tubérculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no ken de Yamaguchi, na illa de Honshū, Xapón (175.206 h [1997]). É un centro industrial que se desenvolveu grazas á proximidade de xacementos mineiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no alto val do Guadalquivir (32.926 h [2001]). A agricultura, o comercio e a industria de aceite e cerámica son as principais actividades económicas. Foi declarada Cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse con L. Pintos Fonseca e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cursou as especialidades de pintura, gravado e mural (1956-1961). Completou a súa formación nos Países Baixos, como gravador, e en Italia, como muralista. Evolucionou desde o expresionismo (Compostela, 1978) cara á abstracción e o informalismo, facéndose cada vez máis manifestas as características cubistas (Gaiteiro gris, 1993; Cabeza, 1994) e futuristas. Tendeu a darlle un maior colorido ás escenas (Diálogos, 1984), xogando coa variabilidade de tons e poñendo moito coidado na consecución de texturas. Representou escenas figurativas, con personaxes extraídos do mundo da farándula (Pitonisa, 1993; Trasnos na vila, 1996), como arlequíns, pallasos, monicreques (Soño de marionetas, 1998) ou bailarinas (Danzarinas, 1994), ademais de temas musicais como Liña melódica (1986), Homenaxe a Haydn (1987-1988) e Concerto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Desenvolveu unha primeira etapa como pintor baixo a influencia de D. Vázquez Díaz ou Benjamín Palencia. Viaxou a París e impregnouse dun maior barroquismo expresionista con ecos de Chagall e Picasso ata acadar unha linguaxe propia, caracterizada por un maior lirismo. Destacou o colorismo dos seus retratos e paisaxes. Pintou La flecha es verde (1976), Donde la luz hizo nido (1978), Diana (1982), Sin asombro, luz (1997) e Santiago de Compostela ayer. É académico numerario da Real Academia de Doctores (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO