"cali" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 236.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que permite localizar un obxecto ou un obstáculo calquera e determinar a súa posición mediante ondas radioeléctricas. Un dos procedementos máis empregados é o radar.
-
PERSOEIRO
Rei seléucida (246-226 a C), fillo de Antíoco II Theos. Loitou polo trono contra Berenice, muller do seu pai, a quen protexía Ptolomeo III Everxetes. A pesar de que recuperou Cilicia e o N de Siria, tivo que ceder Seleucia de Pieria a Exipto. Seis anos máis tarde foi vencido polo seu irmán Antíoco Hierax, que se apoderara de Asia Menor, e polos gálatas en Ancira (Frigia), que perdeu (235? a C). Foi asasinado cando se preparaba para combater a Átalo I de Pérgamo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a unha semivogal.
-
Que ten a natureza dunha semivogal.
-
-
-
Dignidade ou cargo de senescal.
-
Territorio baixo a xurisdición dun senescal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento dos traballadores organizados en sindicatos en defensa dunha mellora das súas condicións de vida e de traballo. Os primeiros pasos do movemento sindical organizado déronse en Reino Unido, onde se creou, por influencia de Robert Owen, a Great Consolidated Trade Union (1833), aínda que os seus precedentes atópanse na segunda metade do s XVIII. En Alemaña, a unión dos lassallianos e os marxistas (Congreso de Gotha, 1875) permitiron o inicio dun sindicalismo de orientación socialista que adquiriu unha grande implantación. En Francia desenvolvéronse as asociacións de axuda mutua, sobre todo a partir de 1830, e as cámaras sindicais de oficios (1860), ata chegar á formulación do sindicalismo revolucionario que cristalizou na creación da Confédération Générale du Travail (CGT) en Limoges en 1895. En Italia creouse a Confederazione Generale Italiana del Lavoro (CGIL) en Milán en 1906, de tendencia socialista. En España a súa influencia inicial foi bakuninista coa Federación Rexional Española...
-
-
Relativo ou pertencente ao sindicalismo.
-
Persoa que forma parte dun sindicato.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en 1955 ao abeiro da escola de teatro da Casa de Bellas Artes de Cali, Colombia. Dirixido por Enrique Buenaventura, desenvolveu unha das experiencias máis destacadas e significativas do teatro popular e comprometido de Hispanoamérica. A súa influencia e a dos seus métodos de traballo, formación actoral e creación colectiva, deixáronse sentir tanto no continente como en Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo azteca, cuxo nome significa ‘casa de Deus’. Refírese sobre todo ao gran templo pirámide de Tenochitlán, consagrado ás divindades da guerra e das tebras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Privilexio polo que os bens hereditarios dunha persoa, de natureza familiar coñecida, reverten ao tronco de onde proceden, en casos de sucesión intestada sen deixar descendentes. De orixe xermánica, subsistiu na maioría dos reinos cristiáns medievais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de vertical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina sindical que propiciou a configuración da Organización Sindical Española durante o Franquismo. Pretendía fusionar os intereses sociais daqueles que interviñan no proceso de produción e superar os antagonismos de clase. Encadrou a empresarios e traballadores nun único organismo sindical que, sometido ás directrices gobernamentais e dirixido por militantes falanxistas, chegou a ser un medio de aplicación da política económica e social da ditadura e un instrumento de control do movemento obreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás vogais ou aos vocalistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema vocálico dunha lingua, dunha familia, dun grupo de linguas ou dunha etapa fonolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que canta acompañada dun grupo musical.
-
-
Acción de vocalizar.
-
Fenómeno fonolóxico que consiste na conversión en vogal dun elemento consonántico ou líquido.
-
Exercicio de música vocal, sen texto e sen solfexar as notas, empregando unicamente vogais, concibido para darlle axilidade á voz.
-
-
-
Articular ou pronunciar os fonemas con claridade.
-
Converterse en son vocálico un son que non o era.
-
Solfexar unha melodía sobre unha ou varias vocais.
-
Transformar en vogal un son que non o era.
-