"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1471-1516) e de Hungría (1490-1516), fillo do Rei Casimiro IV de Polonia. Xurxo I designouno como o seu sucesor ao trono de Bohemia, ao que accedeu fronte á oposición do partido católico, que estaba do lado de Matías I de Hungría. Sucedeu a este como rei de Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena lagoa situada na parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ecuacións diferenciais que describen o movemento dun sistema mecánico. Dado un sistema de coordinadas xeralizadas, é dicir, un sistema calquera de coordenadas (q1, q2,....qn) que permite especificar as posicións das partículas do sistema mecánico, as n ecuacións de Lagrange, unha para cada unha das coordenadas xeralizadas, son:

    FORMULA

    onde L é o lagraxiano, e q .i a velocidade xeralizada, é dicir, a derivada respecto o tempo da coordenada qi. As ecuacións de Lagrange, establecidas xa por Euler e denominadas tamén de Euler-Lagrange, son equivalentes ás ecuacións de Newton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: lagranxiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Traballou en L’École Polytechnique de París. Foi o continuador da obra de Euler e traballou en moitos campos, como o das ecuacións diferenciais ou as probabilidades. Estudiando as ecuacións de grao superior en cuarto, indicou as bases da futura teoría de grupos. Tamén ideou o método de interpolación que leva o seu nome, definiu o concepto de enerxía potencial e descubriu os puntos de Lagrange.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eséxeta francés. En 1879 entrou na orde dominicana. Foi activo promotor do estudo crítico da Biblia no campo católico. Entre as súas numerosas obras destacan os comentarios aos catro Evanxeos e a Introdution à l’étude du Noveau Testament (1933-1937), en tres volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para atopar os máximos ou mínimos dunha función u = F (x1, x2,...xn) de n variables, que están sometidas a k condicións suplementarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto, no movemento de tres corpos ao redor dun centro común de gravidade, sendo un dos corpos moito máis pequeno ca os outros, de cinco posicións tales que, se o corpo máis pequeno ocupa algunha, as órbitas son practicamente elípticas. Foron propostos por J. L. Lagrange en 1772. O grupo Troiano disponse sobre os puntos de Lagrange do campo gravitacional Sol + Xúpiter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que afirma que a orde dun subgrupo divide a orde do grupo ao que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás teorías de J. L. Lagrange.

    2. Función L = T-V, onde T é a enerxía cinética e V é a enerxía potencial dun sistema. OBS: Tamén se denomina función de Lagrange.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: bágoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar algunhas lágrimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Cereixido (Quiroga) e San Xulián (A Rúa). O seu cumio acada os 1.242 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no Páramo leonés (1.444 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Trasliste, Bande e Vilaleo (Láncara). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Esculqueira (A Mezquita). O seu cumio acada os 940 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou título do Sacro Imperio. Desde o s XII era o funcionario que estaba á cabeza dunha demarcación territorial. Foi instituído polos señores de Alsacia, Hesse e Turinxia e desde a territorialización dos cargos no s XIII foron os xefes dun landgraviato ou reforzaron o poder imperial ao lado dos duques.

    2. Maxistrado que exercía a xustiza en nome do emperador xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao landgrave ou ao landgraviato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade dun landgrave.

    2. Territorio da xurisdición do landgrave. Recibiron este nome gran parte dos territorios do Sacro Imperio en que non había ducados. Case todos os landgraviatos acadaron categorías superiores (ducado, electorado). O derradeiro landgraviato soberano foi o de Hessen-Homburg, que durou ata 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO