"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Lesión inflamatoria, visible cos raios X, situada arredor do complexo primario da infección tuberculosa do pulmón. É un termo que está en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece paratuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das tres divindades latinas do destino identificadas coas moiras gregas. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    2. Personificación poética da morte. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que leva unha terra en contrato de parzaría.

    2. Persoa coa que se comparten propiedades, negocios ou intereses comúns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción pequena de terreo, normalmente sobrante doutro maior que se comprou, expropiou ou adxudicou.

    2. Porción de terreo, incluída no catastro, que pertence a un dono diferente e que é obxecto dunha tributación especial.

    3. Parte pequena dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de parcelar ou dividir en parcelas un ou diversos terreos agrupados, sexa a iniciativa da Administración Pública ou a iniciativa privada. Esta operación só se pode realizar unha vez aprobado o correspondente plano urbanístico e obtida a licenza administrativa.

    2. División do terreo en parcelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir en parcelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á parcela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor. Evolucionou desde o realismo poético dos primeiros libros, Vint poemes civils (1967), ata a unha poesía máis elaborada e vinculada á lírica europea e estadounidense, como en Latituds dels cavalls (1973), Focs d’octubre (1992, premio Ciutat de Barcelona) e Natura morta amb nens (2000). Traduciu ao catalán The Haw Lantern (1993, Premio de la Crítica Serra d’Or) de Seamus Heaney e The Lord of the Rings (1954) de J. R. R. Tolkien, e reuniu a súa obra poética no libro Triomf del present. Obra poètica 1975-1983 (1991, premio Lletra d’Or 1992). Foi presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1998) e, desde 1998, da Institució de les Lletres Catalanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido galego que ten a súa orixe en Redondela.

    2. Liñaxe galega que trae por armas, en campo de azul, dous lebreiros, ao natural, montado un enriba do outro, e sobre eles, unha estrela de prata. Outros traen, en campo de sinople, cinco castelos, de azul, postos en cruz. Os de Saboia levan escudo partido: primeira partición, en campo de goles, un castelo de ouro; segunda partición, en campo de azul, un castelo de prata sumado dunha flor de lis, de prata e ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero e escritor. É autor de Afectos de amor divino, expresados en las letras de doce tonadillas cantadas al Santísimo Sacramento (1792), en que se recolle un vilancete bilingüe galego-castelán que foi interpretado no Nadal de 1790 con música de Melchor López e, probablemente, doutras composicións localizadas nos Arquivos Mindonienses e no Arquivo Musical da catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea, papel, coiro ou doutro material que se coloca sobre algunha cousa para tapar un burato ou reparar unha parte rota.

      1. Emplasto adhesivo que se estende xeralmente sobre unha tea de algodón, de forma determinada segundo a parte do corpo onde se ten que aplicar, e que deixa todo arredor un espazo de 1 ou 2 cm sen cubrir. O parche adhesivo simple, en forma de tiras, é o esparadrapo.

      2. proba do parche

        Proba de sensibilidade en que se aplica un parche impregnado de antíxeno.

    2. Cousa superposta e que desentoa do resto.

    3. Cada unha das dúas pezas sobre as que se peta no tambor ou en calquera outro instrumento provisto de membrana.

    4. Solución provisional a un problema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reparar algo poñendo un parche.

    2. Aplicar medidas provisionais a algo sen solucionalo de maneira definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xogo que se practica sobre un taboleiro en que os participantes fan avanzar unhas fichas, desde a saída, tantas casiñas como puntos logren con cada tirada do dado, e devolvendo á saída aquelas fichas contrarias coas que coincida nunha casiña. Gaña o xogador que primeiro chegue con todas as fichas á casa central.

    2. Taboleiro do xogo do parchís.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que só ten lugar en parte ou que non é completo.

      2. Aplícase ao exame que se fai só dunha parte da materia.

    1. Que favorece a unha das partes en cuestión.

    2. Que ou quen é partidario dunha persoa, sistema ou partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de parcial.

    2. Conxunto de persoas que se segregan dun grupo e que teñen un fin determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é sobrio e moderado en calquera cousa.

    2. Que está constituído por alimentos simples e escasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Tarazona (1720-1741). Relixioso mercedario, foi provincial da súa orde en Castela e catedrático na Universidad de Salamanca. Das súas obras destacan Panegyrico Funeral en las Reales Exequias que hizo la Universidad de Salamanca en su Real Capilla el día 23 de Diziembre de 1715. Al Sr. Rey Christianíssimo de Francia Luis XIV. El Grande (Salamanca, 1715) e Demostración de la verdad, y de la justicia, que asiste al Ilustmo. y Revermo. Sr. D. Fr. García de Pardiñas y Villar de Francos... (Pamplona, 1729). Unha das súas composicións poéticas foi premiada nas Festas Minervais de Santiago de Compostela (1697).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi director do Teatro Nacional Universitario. Escribiu Historia de la ciudad de La Coruña (1985), El Ojo de Dios: historia y leyenda de la Torre de Hércules (1991) e A Galicia de alén mar: a aventura americana de 1600 a 1825 (1992). Recibiu o Oscar de Oro de la Comunicación ao mellor labor de divulgación histórica e o Premio Pérez Lugín (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO