parcela

parcela

(< fr parcelle < lat v*particella)

  1. s f

    Porción pequena de terreo, normalmente sobrante doutro maior que se comprou, expropiou ou adxudicou.

    Ex: Merquei unha parcela para construír unha casa.

  2. s f [DER/ADM]

    Porción de terreo, incluída no catastro, que pertence a un dono diferente e que é obxecto dunha tributación especial.

  3. s f

    Parte pequena dalgunha cousa.

    Ex: O teatro é só unha pequena parcela da súa traxéctoria.

Palabras veciñas

Parbhani | parca | parceiro -ra | parcela | parcelamento | parcelar | parcelario -ria