"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Formado en Ferrara, Florencia e Milán, iniciouse nun estilo romántico e recibiu a influencia do divisionismo, sobre o que publicou escritos teóricos, e o simbolismo (Maternità, 1891). Centrouse nun simbolismo ampuloso e alegórico ou místico e en 1907 organizou a Sala dei Sogno da Bienal de Venecia. Ilustrou contos de E. A. Poe e I promessi sposi de A. Manzoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andreas Ludwig Priwin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Foi discípulo de R. Longhi e investigou preferentemente sobre a arte gótica italiana. Codirixiu unha historia da arte italiana que achegou novas fórmulas metodolóxicas para o estudo histórico das artes nacionais. Destacan as súas obras La fortuna dei primitivi dal Vasari ai Neoclassici (1964) e Giotto e la sua bottega (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Prévost d’Exiles, foi novizo dos xesuítas e monxe beneditino, ata que abandonou o mosteiro. Coñécese, sobre todo, pola Histoire du chevalier Desgrieux et de Manon Lescaut, incluída dentro das Mémoires et aventures d’un homme de qualité (1728-1731), e tamén escribiu Histoire d’une grecque moderne (1741) e Mémoires d’un honnête homme (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Estudou a composición do sangue e propuxo facer transfusións con sangue desfibrinado sen éxito. Describiu os procesos de fecundación e de segmentación do óvulo nos batracios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Profesor na facultade de ciencias de París (1831), sostivo a teoría oroxénica da retracción lenta e progresiva da codia terrestre para explicar a formación das cadeas montañosas. Escribiu numerosas obras de estratigrafía e paleontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso e idade do Eoceno Superior mariño, situado sobre o Bartoniano e baixo o Oligoceno. O estratotipo está en Priabona (Véneto, Italia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Priaboniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do Silúrico Superior, definida como unha serie ou piso, e época ou idade, situada sobre o Ludlowiano e baixo o Devónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Pridoliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Manuel Manquiña, traballou en cine, teatro e televisión, e tamén desenvolveu labores como publicista e actor de dobraxe. Iniciou a súa andaina na TVG como presentador de programas de humor para pasar ao teatro coa compañía Troula coa obra Informe do día despois (1984), de F. Kafka, e co Centro Dramático Galego en Caderno de bitácora (1985), de F. Taxes, aínda que tamén produciu os seus propios espectáculos. Posteriormente decantouse polo cine da man de realizadores como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Co filme Airbag (1997) deuse a coñecer ao gran público, aínda que tamén destacou noutras producións, como Matías juez de línea (1996), Atilano, presidente (1998), Fisterra, onde acaba o mundo (1998), Frontera sur (1998), Mararía, (1998), Torrente, el brazo tonto de la ley (1998), Entre las piernas (1999), Pídele cuentas al rey (1999), Pata negra (1999),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Bacharel en Teoloxía na Universidad de Navarra (1992) e diplomado en arqueoloxía cristiá polo Pontificio Instituto de Archeologia Cristiana de Roma, especializouse en literatura cristiá antiga. Desde 1995 é profesor no Instituto Teolóxico Divino Maestro de Ourense e desde 1998 director do Centro Teolóxico a Distancia San Martín da diocese ourensá. Colaborador de diversas publicacións, escribiu Impresos y bibliotecas del siglo XVI en Ourense (2004). No ano 2012, foi nomeado Vicario para la Nueva Evangelización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e poeta. Subdirector da Banda Municipal de Vilagarcía, en 1928 emigrou a Arxentina. Dirixiu varias agrupacións corais en Bos Aires, compuxo pezas orixinais e harmonizou numerosas melodías populares galegas. Colaborou en xornais da colectividade galega como El Correo de Galicia, Céltiga e A Fouce, e publicou Versos en gama de gaita (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Emigrou a Cuba e ao seu regreso estudou maxisterio e exerceu como mestre en varias parroquias de Ourense. Especializouse no estudo da lingua, a historia, o folclore e os costumes de diversas comarcas ourensás, que plasmou en distintos traballos, como “Astrología y meteorología popular (La Gudiña)” (1957-1958) e “Notas encol da fala vianesa” (1973), incluído no Boletín Auriense. Ademais, publicou Contos vianeses (1958), que dividiu en relatos de encantamentos, relixiosos, de burlas, de animais e variados, e Contos pra nenos (1968), en que recolle relatos infantís de tradición oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi ordenado sacerdote en 1781 e viaxou a Ecuador onde traballou na conversión dos indios. Escribiu varias obras, das que se publicaron, entre outras, Arbitraje de límites entre el Perú y Ecuador e Expediente sobre tentativas que hizo para descubrir por la vía de Guadaquira la antigua ciudad de Logroño 1816-18.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de Los Castillejos, conde de Reus e vizconde do Bruc. Durante dous anos ingresou no primeiro dos dous batallóns de tiradores de Isabel II que se organizaron en Reus para loitar contra os carlistas. Liberal convencido, ao acabar a guerra foi deputado por Tarragona (1841) e figurou entre os progresistas. Coa chegada de Espartero ao poder en 1843, alzouse en armas en Reus e loitou contra Martín Zurbano. Foi gobernador militar en Barcelona (1843), e capitán xeneral de Puerto Rico (1847-1848). Despois da Revolución de 1854, o goberno progresista nomeouno capitán xeneral de Granada (1855-1856) e ascendeuno a tenente xeneral (1856). Participou na Guerra de África (1859-1860), na campaña de Marrocos, na que foi o xeneral máis distinguido e pola que recibiu o título de marqués de Los Castillejos, coa Grandeza de España. Encabezou a Revolución de Setembro de 1868, propagou a revolta por Andalucía e pola costa mediterránea. Foi ministro de Guerra (1868-1870) do goberno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e pintor italiano. Formouse en Boloña e foi discípulo de Giulio Romano, con quen colaborou nos frescos do Palazzo del Te en Mantua (1526-1530). Traballou sobre todo en Francia, chamado por Francisco I (1531). Primeiro con Rosso Fiorentino e despois só, dirixiu as obras e a decoración das estancias do Château de Fontainebleau e proxectou a capela funeraria dos Valois en Saint-Denis. Influíu na escola de Fontainebleau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Segundo a tradición era fillo do centurión san Marcelo, polo que tería orixe galaica. Xunto co seu irmán xemelgo san Facundo foi martirizado e decapitado polo cónsul Ático en época de Adriano por se negaren a adorar o deus Febo. Segundo a tradición morreron preto de Cea e están enterrados na catedral de Ourense, para outros en Sahagún. A súa festividade celébrase o 27 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, segundo marqués de Estella. Ingresou no exército en 1884, tomou parte nas guerras de Cuba e Filipinas e foi capitán xeneral de Madrid e de Catalunya (1922). A Desfeita de Annual (1921) e a situación política xeral determinaron o predominio da corrente intervencionista no exército e, o 13 de setembro de 1923, rebelouse para “salvar o país dos profesionais da política”. O goberno dimitiu o día 14, e o Rei Afonso XIII chamouno a Madrid. Ao día seguinte nomeou un Directorio Militar, co que comezou a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Ademais de presidir o Consello de Ministros, exerceu como ministro de Estado (1927-1928) e de Exteriores (1928-1930). O 26 de xaneiro de 1930, para reafirmarse no poder, pediu aos capitáns xenerais que lle ratificasen a súa confianza. A consulta foi negativa e o 28 de xaneiro dimitiu. Días despois trasladouse a París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Miguel Primo de Rivera y Orbaneja. Despois da caída do seu pai (1930) ingresou na Unión Monárquica. Antiliberal e antimarxista, abrazou un nacionalismo tradicionalista e totalitario. En 1933 foi elixido deputado e fundou a agrupación política Falange Española, que se fusionou coas JONS en 1934. Xefe único do partido, foi derrotado nas eleccións de febreiro de 1936. Detido ao mes seguinte durante o contexto de feitos violentos do momento, trasladárono á prisión de Alacant, desde onde apoiou o alzamento militar do 18 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO