"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi martirizado en Roma xunto co seu irmán Feliciano. Segundo a lenda os leóns e os osos que mandaron para a súa tortura, deitáronse aos seus pés. Morreron degolados e deixaron os seus corpos abandonados aos cans e ás aves, que tampouco os picaron. A súa festividade celébrase o 9 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comeza nunha actividade e non posúe experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo alemán. Foi profesor de botánica nas universidades de Jena e Berlín. Descubriu a fertilización das plantas e estudou os fungos e a alternancia de xeracións dos musgos e das talófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático latino. Viviu en Bizancio e ensinou lingua latina durante o reinado do emperador Anastasio, ao que lle dedicou un Panexírico. Escribiu a máis importante das gramáticas latinas da antigüidade, a Institutio de arte grammatica. Na idade media adquiriu unha gran fama, e a súa gramática figura en moitas bibliotecas da época, entre elas a do mosteiro de Ripoll.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dama romana. Indentificouse cunha discípula de san Paulo e muller de Aquila e cunha nobre matrona romana que se dedicaba ao socorro dos mártires, recollendo e sepultando os seus corpos e que, a instancias do papa san Marcelo, doou un cemiterio onde foron soterrados, as catacumbas de santa Priscila, na via Salaria. A súa festividade celébrase o 16 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento doutrinal e ascético iniciado por Prisciliano. Desenvolveuse principalmente no NO peninsular, probablemente o lugar do seu nacemento. Desde as súas primeiras predicacións ascéticas, uníronse á nova teoría os bispos Instancio e Silvano, mentres que Hixinio de Córdoba, Hidacio de Mérida e Itacio de Ossanuba foron os seus maiores detractores. En Galicia fixo ese papel o vigairo Mariniano. Prisciliano recibiu a influencia do gnosticismo, do maniqueísmo, da astroloxía e das ciencias ocultas. Rexeitou a existencia de tres persoas (pai, fillo e espírito santo) nunha soa substancia divina (a Santísima Trindade) e, no eido moral, defendeu un rigorismo que puxera fin á relaxación dos costumes, ademais quitou valor á xerarquía eclesiástica. Segundo Hidacio de Chaves, a súa predicación chegou ata Galicia e arraigou forte entre os habitantes, que mesmo repatriaron o corpo. Esta rápida extensión foi posible grazas a que na Gallaecia apenas se executaba aos herexes e que, por parte do bispo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao priscilianismo.

    2. Seguidor do priscilianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín Priscillianus, patronímico de Priscillus ‘da familia de Priscilo ou de Priscila’. A súa festividade celébrase o 14 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Heresiarca. Descoñécese o seu lugar de nacemento, probablemente en Lusitania ou en Gallaecia. Escribiu numerosas obras das que coñecemos o prólogo aos Canones in Pauli apostoli epistolas e os 90 Canones, tamén se lle atribúe, aínda que con dúbidas, os 11 Tractatus de Würzburg. Descoñecese cal foi a sua formación, que algúns conceden á muller nobre Ágape e ao retórico Elpidio. A súa doutrina baseouse no gnosticismo, o maniqueísmo, o arianismo, as prácticas máxicas e as crenzas astrolóxicas. Defendeu o ascetismo, o celibato, a renuncia aos bens mundanos, a abstención da carne e do alcohol, o afastamento da igrexa durante a Cuaresma e o Nadal, o estudo das Escrituras, incluíndo os textos apócrifos, a defensa da igualdade de sexos e estamentos sociais entre os crentes, o don de profecía sen mediación xerárquica e a existencia de graos entre os crentes segundo o coñecemento. Entre os seus seguidores contou con xente culta e de certo nivel económico, mulleres e algúns bispos como Instancio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio, na Grecia antiga, en que se conservaba o lume sagrado de Hestia e se efectuaban diversos sacrificios. O seu nome derivou dos prítanos, que substituíron o rei no exercicio das funcións sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos dez períodos do ano, de máis de trinta días, durante o que exercían o seu cargo os prítanos e os membros de cada unha das seccións da bulé ou consello ateniense, tras a reforma de Clístenes (s VI a C).

    2. Cantidade monetaria que había que pagar nas causas civís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos prítanos.

    2. Cada un dos cincuenta cidadáns que na antiga Atenas desempeñaban o cargo de conselleiro da bulé durante unha décima parte do ano. Adoitaban residir permanentemente no pritaneo e estaban presididos por un deles, elixido diariamente, que tiña as funcións de xefe de estado, presidía o consello e a asemblea, e era depositario do selo do estado e das chaves do templo onde se gardaba o tesouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de quen é favorito ou privado dun rei, un príncipe ou un algo cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, pianista e compositor. Coñecido como André Previn, interesouse pola música impresionista francesa e destacou como autor de obras do romanticismo tardío. Foi discípulo de P. Monteux en dirección e de J. Acron e M. Castelnuovo-Tedesco en composición. Director da Houston Symphony Orchestra (1967-1969), da London Symphony Orchestra (1968-1979) e da Orquestra Filharmónica de Oslo (desde 2002), é autor de Symphony for String (1965), Overture to a Comedy (1966) e Peaches (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que proba, especialmente nun xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor checo. Membro do grupo Osma, desenvolveu o estilo expresionista desde 1907 e o cubista desde 1910 e conservou sempre o colorido fauve. Influído por El Greco, caracterizouse pola desmaterialización do volume e o simbolismo interno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos proculeianos.

    2. Membro da escola de xurisprudencia romana fundada en tempos de Augusto por Marco Antistio Labeo. De talante progresista, representaban o ius civile, (dereito aplicado aos cidadáns romanos) fronte aos sabinianos, conservadores, que representaban o ius gentium (normas das relacións cos estranxeiros ou entre estes e os cidadáns).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista italiano. Durante o goberno de G. Andreotti foi ministro de Industria (1978). Dirixiu o Istituto per la Ricostruzione Industriale (1982-1994). Membro da Alleanza Nazionale, en 1995 presentouse como xefe da coalición de esquerdas L’Ulivo, que gañou as eleccións xerais de abril de 1996 e foi nomeado presidente de goberno (1996-1998). Presidiu a Comisión Europea entre 1999 e 2004. Escribiu Sistema economico e sviluppo industriale in Italia (1973), L’Italia che vogliamo (1995) e Un’idea dell’Europa (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sober. Sobre a primitiva traza románica (s XII), ergueuse unha nova construción de planta e ábsida rectangular. No seu interior destacan os arcos que arrancan de columnas de fustes cortos, cilíndricos e monolíticos. Na capela maior consérvanse pinturas murais do s XVI, que representan a Adoración dos Magos e a dos pastores, a fuxida a Exipto ou a Visitación. Só conserva restos románicos na ábsida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Proente (A Merca). Foi construída en dúas etapas distintas: a capela maior, cuberta con bóveda de estrela, data dos ss XVI-XVII, e a nave, con cuberta de madeira, é do s XVIII; no seu interior destaca un retablo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO