"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Escisión ou extirpación dunha glándula suprarrenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en diversas ocasións contra os turcos e contra Polonia. Durante a segunda coalición contra Napoleón, entrou en Milán, venceu a Macdonald en Trebbia e Jouvert en Novi Ligure, pero finalmente tivo que repregarse a Austria, desde onde volveu para Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa que se creou en 1945 para xestionar o monopolio estatal de tabacos e servizos anexos. A súa orixe está nas diversas fábricas de tabaco creadas en distintas cidades españolas entre finais do s XVIII e comezos do s XIX que, en 1887, pasaron a depender da Compañía Arrendataria de Tabacos (CAT). Diversas renovacións do contrato de arrendamento levaron a unha situación en que o Estado era socio maioritario. En 1986 a entrada de España no Mercado Común representou legalmente a fin da situación do monopolio. En 1999 fusionouse coa francesa Seita, coa que creou a multinacional Altadis, a maior produtora mundial de cigarros. En Galicia fundouse en 1804 a fábrica de tabacos da Coruña coa finalidade de asegurar a subministración do noroeste peninsular. Instalouse, nun primeiro momento, nos antigos Correos Marítimos de La Habana e Bos Aires e despois estableceuse na Palloza. Foi unha fábrica mixta pois ademais de puros fabricaba picadura e cigarros. A finais da década de 1910 comezou a elaborar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do S de Marrocos, ao S do Grande Atlas, formada por unha serie de oasis. É un antigo camiño de caravanas que vai do centro de Marrocos a Tuat e a Níxer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse en París, -na Académie Julien- onde se estableceu ao redor de 1906, aínda que desde 1908 regresou esporadicamente a Galicia e participou nas exposicións rexionais. Na súa obra, de forte riqueza cromática, recolleu todos os postulados impresionistas, especialmente nas súas paisaxes (O piñeiral de Ecuina e Mariña, 1913). Tamén destacan as súas pinturas naturalistas (Nu, 1891 e 1914) ou as composicións idílicas (Idilio vasco,1920; O pastor). Recibiu a segunda medalla no Salon dos Champs-Élysées (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saco ou bolsa de tea para gardar e transportar cousas.

    2. Cantidade dunha cousa que cabe nunha taleiga.

    3. Antiga medida de capacidade que equivale á cantidade de trigo que cabe dentro dun saco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contido dunha taleiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Gascoña, Aquitania, situada no departamento de Gironde, Francia, ao S de Bordeos (731.000 h [estim 1991]). Ten industria aeronáutica, industria lixeira e produción de viños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. En 1335 participou na construción da catedral de Florencia, onde ampliou o corpo do edificio proxectado por A. di Cambio, levantou a nave e fixo os últimos tres pisos do campanil, iniciado por Giotto e A. Pisano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade intelectual e creativa dunha persoa.

    2. Habilidade ou capacidade natural que ten alguén para desempeñar con acerto unha actividade.

    3. Persoa que ten esta capacidade ou aptitude.

    4. Unidade de peso e monetaria de orixe probablemente babilonia, que se empregaba na Antigüidade como unidade de peso. En Grecia equivalía a seis minas e en Roma a cen ases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten talento ou capacidade intelectual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga moeda de prata característica dos países xermánicos. Cuñada en 1848 polo arquiduque Sexismundo de Tirol, cun valor de 60 kreuzer, converteuse na base do sistema monetario imperial xermánico desde 1566. En Alemaña permaneceu vixente ata 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego. Foi o primeiro representante da escola naturalista de Mileto e considerouse tradicionalmente como un dos sete sabios de Grecia. Orientouse cara ao estudo dos fenómenos naturais e atribuíronselle diversas proposicións de xeometría elemental, como o teorema que leva o seu nome. Rexeitou as explicacións míticas da orixe do mundo e atribuíu unha orixe natural a todo, co convencemento de que detrás dos fenómenos cambiantes hai un principio común e esencialmente invariable. Considerou a auga como principio de todas as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Teorema que establece que se tres rectas r, r’ e r’’ que se cortan en O son interceptadas polas rectas paralelas S, S’ (nos puntos A, A’ e A’’ en S, e nos puntos B, B’ e B’’ en S’), cúmprense as seguintes relacións:

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión Setentrional, Ghana, situada na chaira (151.069 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moverse alguén ou algo dun lado a outro coma se fose caer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e literato italiano. Formouse nas universidades de Boloña, Pisa e Ferrara. A súa obra principal, La secchia rapita (1622), é un poema heroico-burlesco en doce cantos, escrito en oitavas, que ten como argumento a guerra entre os habitantes de Modena e Boloña pola posesión dun cubo de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada por Eduardo Blanco Amor en Bos Aires en 1957, na que se integraron actores como Fernando Iglesias Tacholas, que representaron as súas pezas no Centro Lucense. Dos seus espectáculos destacan Estadeíña, de M. Lugrís, e O cantar dos cantares, de Blanco Amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada en Vigo en 1966. Dos seus espectáculos destacan A raposa e as uvas (1966), de G. Figueiredo, e A puta respetuosa (1968), de J. P. Sartre.

    VER O DETALLE DO TERMO