"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Centro creado polo decreto 268/2000 de 2 de novembro a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Con esta iniciativa retomouse a idea do Museo Pedagógico Regional creado en 1926. A súa finalidade é promover e desenvolver a recuperación, salvagarda, estudo, mostra e difusión do legado pedagóxico de Galicia, con especial atención ás realizacións educativas en lingua galega e ás referentes ao ensino da lingua e da cultura galegas. Entre as súas funcións están a de programar e realizar exposicións relacionadas cos distintos ámbitos educativos e a de colaborar na formación e actualización dos profesionais da educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo provincial situado na Coruña. Estivo instalado nun edificio neoclásico de Pedro Cermeño da rúa Panadeiras e en 1995 trasladouse ao antigo convento das Capuchinas, nun edificio rehabilitado por Manuel Gallego Jorreto do que se conservou a fachada. Pertence ao Consello Galego de Museos. A base dos seus fondos constituíuse con obras que procedían do Museo del Prado, ás que se agregaron outras procedentes de diversas institucións públicas e privadas. Acolle coleccións de pintura, escultura, gravado e cerámica dos ss XVIII-XX e ten unha sección de libros antigos e autógrafos. Conta tamén cunha sala dedicada á arte galega, salas de exposicións temporais e o foro, espazo de recepción onde se mostra a escultura galega contemporánea. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo creado pola Deputación Provincial de Lugo en 1932. Instalado nunha das ás do palacio provincial de San Marcos, en 1957 trasladouse ao antigo convento de San Francisco, ocupando o claustro, o refectorio e a cociña, e un edificio de nova planta creado por Manuel Gómez Román, posteriormente ampliado. A antiga igrexa conventual converteuse na parroquial de San Pedro de Lugo. Conta cunha importante colección de arte sacra, ourivaría, obxectos e artesanía tradicional, así como seccións monográficas dedicadas á prehistoria, arqueoloxía, belas artes, etnografía e ás artes suntuarias lucenses. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1927 pola Deputación Provincial de Pontevedra e aberto ao público en 1929. Instalado inicialmente no pazo Castro Monteagudo, posteriormente pasou a ocupar outros catro edificios: o García Flórez (s XVIII), o Sarmiento (s XVIII), o Fernández López e as ruínas de San Domingos (ss XIV-XV). A súa colección acolle restos arqueolóxicos paleolíticos, megalíticos, castrexos e romanos, obxectos navais, ourivaría, gravados, acibeches, pinturas, esculturas, louzas e olaría popular galega. Posúe ademais unha biblioteca especializada. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no concello de Cervo que pretende reflectir a vida da Mariña Lucense. Foi inaugurado en 1969 grazas ao interese de Francisco Rivera Casás por recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Nacionalsocialista Alemán, NSDAP) que, dirixido por Adolf Hitler, dominou Alemaña desde 1933 ata 1945. Creado a partir do Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Alemán, DAP), fundouno en xaneiro de 1919 Anton Drexler, e tomou un ano despois o nome de Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, coñecido como Partido Nazi. Na ideoloxía nazi manifestábase a influencia de autores e de correntes de pensamento heteroxéneas e a miúdo contraditorias: o racismo que deriva de Joseph-Arthur Gobineau e de Houston Stewart Chamberlain; a idea dun Terceiro Reich de A. Moeller van den Bruck; o comezo da apoloxía da violencia da guerra e da concepción do estado co estado maior do exército prusiano de Maquiavelo, Hegel, Johann G. Fichte, Schopenhauer e Nietzsche; e o antisemitismo que se fundamentaba en Die Protokolle der Weisen von Zion (Protocolos dos sabios de Sión). Hitler, na procura dun responsable...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nacionalsocialismo.

    2. Seguidor do nacionalsocialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi director xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Xunta de Galicia (1990-1997), conselleiro da Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal e asesor xurídico do Banco de Crédito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao día do nacemento de alguén.

      1. Día do nacemento e cada un dos aniversarios.

      2. Festa que se celebra nestes días, que parte dunha antiga tradición concretada coa expresión dies natilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade multirracial estadounidense fundada en 1909 por W. E. B. du Blois para favorecer e facer respectar os dereitos das persoas negras en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga profesional de baloncesto, creada en EE UU en 1946. Partiu dunha idea do xornalista Max Kase e levouna a cabo Ned Irish, formándose a Basketball Association of America (BAA), que nun principio contou con 11 equipos, dos que perduran tres; Boston Celtics, New York Knicks e Golden State Warriors. En 1950 a BAA uniuse á National Basketball League (NBL), e formouse a National Basketball Association (NBA), con Maurice Podoloff como o seu primeiro comisionado. A competición está formada por 29 equipos, divididos en dúas conferencias (Leste e Oeste) e catro divisións (Atlántico, Central, Medio-Oeste e Pacífico).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Militar de profesión, acadou o grao de tenente coronel de Húsares, comezou a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios da Coruña, da que foi profesor e director, e posteriormente na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e en 1887 acadou unha mención honorífica por Un soldado de Cazadores herido y conducido en un caballo blanco por dos soldados de Caballería, uno montado y otro a pie. Ao ano seguinte acadou a medalla de ouro na Exposición Regional de Santiago de Compostela e unha mención honorífica na Exposición Universal de Barcelona. En 1894 obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña e viaxou a Roma e outras cidades europeas. Profesor de debuxo en Barcelona, en 1895 trasladouse definitivamente á Coruña onde permutou a súa praza con José Ruiz Blasco, pai de Picasso. Participou entón nas diversas exposicións rexionais e ao redor de 1916 solicitou o retiro militar e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen amosa falta de entendemento e pouca intelixencia.

    2. Que ou quen se comporta con imprudencia e vaidade.

    3. Que denota ou implica ignorancia e atrevemento. Na tradición oral recóllense ditos como: “A palabras necias oídos xordos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descoido ou falta de atención no cumprimento das obrigas.

    2. Actitude ou comportamento da persoa que falta co debido coidado e precaución ás súas obrigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é ou resulta negociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode negociar.

    2. Aplícase ao efecto, ao valor mobiliario ou ao título, susceptibles de compravenda. Segundo o termo ao que están suxeitos, correspóndelles no rexistro contable un lugar determinado: o activo ou o pasivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de negociar.

    2. Establecemento de normas, nunha empresa capitalista, sobre regulación de salarios e outros aspectos laborais establecidos por acordo entre a parte social e empresarial, que superan a forma de contacto individual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano ou dependencia de nivel inferior da Administración Pública.

    2. Oficina onde se despachan os asuntos máis simples e se instrúen os expedientes.

    VER O DETALLE DO TERMO