Museo Provincial de Belas Artes da Coruña

Museo Provincial de Belas Artes da Coruña

Museo provincial situado na Coruña. Estivo instalado nun edificio neoclásico de Pedro Cermeño da rúa Panadeiras e en 1995 trasladouse ao antigo convento das Capuchinas, nun edificio rehabilitado por Manuel Gallego Jorreto do que se conservou a fachada. Pertence ao Consello Galego de Museos. A base dos seus fondos constituíuse con obras que procedían do Museo del Prado, ás que se agregaron outras procedentes de diversas institucións públicas e privadas. Acolle coleccións de pintura, escultura, gravado e cerámica dos ss XVIII-XX e ten unha sección de libros antigos e autógrafos. Conta tamén cunha sala dedicada á arte galega, salas de exposicións temporais e o foro, espazo de recepción onde se mostra a escultura galega contemporánea. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.