"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Persoeiro relacionado coa música e coas corais galegas do primeiro cuarto do s XX, empregou o pseudónimo de White Haven. Estudiou Dereito na Universidade de Compostela e foi o primeiro director da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Asiduo conferenciante e articulista de temas relacionados coa música galega, foi tamén colaborador do Diario de Pontevedra e do Progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido co pseudónimo de Helenor, foi redactor do Faro de Vigo e de La Concordia. Fundou os semanarios locais La Luz e La Garra, de carácter político. No eido cultural, foi un dos promotores e organizadores do Ateneo vigués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Profesora na Facultade de Belas Artes de Bilbao entre 1989 e 1992, imparte clases de Pintura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra nace dun proceso intuitivo, onde as sensacións dirixen a acción, acadando un acto creativo como experiencia de carácter máxico, traspasando a liña do cotián. Dende 1993 desenvolve traballos relacionados coa natureza e coas enerxías telúricas que dela se desprenden. Entre as súas obras destaca: Asexo proposto. Asexos para provocar encontros (1993-1994) e Asexo á curiosidade (1994). Realizou diversas exposicións tanto fóra como dentro de Galicia, especialmente no País Vasco e en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Dende 1956 exerceu a docencia na Escola Oficial de Xornalismo. Os seus comezos profesionais foron en El Español, dende onde pasou a Radio Nacional, para incorporarse en 1946 ao diario Pueblo como comentarista de política internacional. Publicou: El Kominform: quinta columna del comunismo (1948), USA: patología de la prosperidad (1963), La América invisible (1966), Rapsodia americana (1966) e Blues para una democracia (1977), e as novelas El guapo americano y el feo ruso (1964) e Vísperas de juicio final (1966); o seu Diario íntimo permanece inédito. En 1952 acadou o Premio Nacional de Periodismo e, en 1972, o de Periodista de Honor. Desempeñou os cargos de director xeral de Prensa e de Cultura Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego, ensaísta e profesor. Estudiou Filosofía, Psicoloxía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidad Pontificia de Salamanca. Como ensaísta publicou A ascensión dun poeta. Xosé María Díaz Castro (Premio Ánxel Fole de ensaio) e foi o editor e coordinador dos libros colectivos Doce anos na busca da nosa identidade e Homenaxe a X. M. Díaz Castro. É colaborador en diversas revistas (Xermolos, Encrucillada, Irimia) e xornais (El Progreso, La Voz de Galicia). Participou activamente na normalización do galego na sociedade e na Igrexa e en obras de carácter colectivo sobre aspectos relacionados co desenvolvemento da cultura galega e sobre a comarca da Terra Chá. Fundou e coordinou a Asociación Cultural Xermolos e recibiu os premios IAR de Folklore (1993) e Moncho Valcarce de Promoción da Terra (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Non fixo máis estudios que os primarios, pero as inquietudes sociais, políticas e sobre todo culturais do pai, e a instrución da nai fixeron alicerzar nel unha sólida formación autodidacta e un gusto máis que notable pola cultura clásica greco-latina, moi perceptible no seu estilo prosístico e na súa inspiración poética. Aos 15 anos emigrou a Cuba tralos pasos dos seus irmáns maiores. Se o ambiente familiar definiu en Blanco Torres un primeiro factor biográfico singular -o autodidactismo cultural-, a experiencia cubana determinou a súa complicidade coa causa agraria, o que deseñou xa o seu estrato ideolóxico fundamental. En La Habana, entrou en íntimo contacto cos intelectuais e artistas da colonia galega e coa súa rica actividade societaria (Curros, Waldo Álvarez Insua, Ramón Cabanillas, Basilio Álvarez, Antón Villar Ponte, Nan de Allariz, Xosé Fontenla Leal, Virxilio Blanco Garrido, Xulio Sigüenza, Mercedes Vieito Bouza, Ricardo Fortes e Chané, entre outros) e desenvolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor na Universidade da Coruña e como visiting researcher impartiu cursos nas universidades de Georgetown (Washington DC), La Sapienza (Roma) ou Boloña. Especialista en dereito de partidos, foi convocado como experto pola Comisión para el Estudio y la Investigación sobre Financiación de partidos, creada en 1995 no Congreso dos Deputados. Publicou, entre outras obras: Rey, Cortes y fuerza armada en los orígenes de la España liberal. 1808-1823 (1988), La ordenación constitucional de la defensa (1988), Los partidos políticos (1990), El problema americano en las primeras Cortes liberales españolas. 1810-1814 (1995), El valor de la Constitución (1994) e Introdución a la Constitución de 1978 (1998). É o responsable do capítulo relativo á Comunidade Autónoma de Galicia no Informe Comunidades Autónomas, elaborado dende 1989 polo Instituto de Derecho Público de Barcelona. Colabora nas revistas especializadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador de retablos. Traballou na diocese de Tui. A súa presenza está documentada no retablo de San Mamede de Guillarei (1764), no retablo do lateral sur de San Domingos de Tui (1764) e no retablo da capela do Santísimo Sacramento da catedral de Tui (1768).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Contrabaixista. Deu ao contrabaixo unha nova personalidade dentro do mundo do jazz elevándoo á categoría dos outros instrumentos. Tocou con Duke Ellington de 1939 a 1941.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera forma inmadura no desenvolvemento celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘xerme’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sementes que xermolan dentro de pericarpo, como a dos mangles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao blastocelo ou á blástula.

    2. Líquido que ocupa o blastocelo; está constituído por produtos do medio que envolve a blástula e por substancias exudadas polas propias células da blástula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade formada no interior da blástula, denominada tamén cavidade de segmentación. Dela derivan, por procesos posteriores de gastrulación e neurulación, os tecidos e os órganos mesodérmicos do organismo adulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos da familia dos cérvidos ao que pertence o cervo das pampas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Blástula primaria dos mamíferos. Consta de dúas partes principais: o trofectoderme, na periferia, do que derivan os anexos embrionarios e parte da placenta, e o blastema embrionario, que orixinará o novo organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula embrionaria indiferenciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fungo da orde das blastocladiais.

    2. Fungo da orde das blastocladiais.

    3. Orde de fungos da clase dos quitridiomicetos, de vida saprofítica ou parasita (de copépodos ou larvas de dípteros), que habitan na auga doce ou no solo. Producen micelios curtos e ramificados e presentan alternancia de xeracións ao ter o ciclo diplohaplonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa superficial dos blastómeros que resulta da división dos ovos ricos en vitelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao blastoderme.

    VER O DETALLE DO TERMO