"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Acción ou efecto de quebrantar ou quebrantarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir en anacos unha cousa dura, sen que os anacos cheguen a separarse.

    2. Facer algo máis feble.

    3. Causar dano ou abatemento físico ou moral.

    4. Abrir de forma violenta algo que estaba pechado.

    5. Incumprir unha lei, obriga ou promesa.

    6. Dividirse en anacos unha cousa dura, especialmente se non chegan a separarse.

    7. Facerse máis débil.

    8. Sufrir dano ou abatemento físico ou moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de quebrantar ou quebrantarse.

    2. Dano, perda ou aflición moi graves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de Australia (1.727.200 km2; 3.655.139 h [2001]). A súa capital é Brisbane. A costa pacífica é abrupta e ten moitas illas, no interior levántase o Great Dividing Range (900-1.500 m), e ao O esténdese un basto altiplano. Atravesado polo trópico de Capricornio, ten clima tropical e case ecuatorial no N. O bosque cobre a cordilleira, e no interior hai unha transición da sabana ao saltbush. Conta coa metade dos bovinos do país e ten gandaría leiteira e ovina en Darling. A cana de azucre é o cultivo máis importante e supón o 95% da produción australiana. Os recursos mineiros son abundantes dos que destacan o estaño, cobre, chumbo, cinc, grandes depósitos de bauxita e uranio. Posúe reservas de carbón, petróleo e gas natural. A industria de fertilizantes, química, petroquímica, montaxe de vehículos de motor, locomotoras, estaleiros, téxtil da la, plásticos e pneumáticos, céntrase principalmente na capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político, conde de Toreno, fillo de José María Queipo de Llano y Ruiz de Saraiva. Fundou o diario antirrepublicano El Tiempo e, coa Restauración, foi alcalde de Madrid (1874). Foi ministro de Fomento (1875-1879), de Estado (1879-1880), presidente do Congreso de los Diputados (1880 e 1884) e gobernador civil de Madrid (1884). Presidiu a Sociedad Geográfica e foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Toreno e grande de España (1838). Participou no alzamento asturiano contra os franceses (1808) e foi deputado nas Cortes de Cádiz. Liberal, houbo de exiliarse (1814-1820). Foi ministro de Facenda (1834-1835), de Estado e presidente do Consello de Ministros (1835), deputado (1837) e senador (1840). Escribiu Historia del levantamiento, guerra y revolución en España (1832). Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Oficial de cabalaría, rebelouse o 15 de decembro de 1930 en Cuatro Vientos, e exiliouse ata abril de 1931. Rehabilitado pola Segunda República, foi capitán xeneral de Madrid e xefe do Cuarto Militar do presidente, e conservou a súa fidelidade á república ata o cese de Alcalá Zamora. Inspector dos carabineiros, apoiou desde Sevilla a sublevación militar de 1936 e dirixiu o Exército do Sur. Despois de 1939, discrepou co xeneral Franco e morreu marxinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘querer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. Estivo ao servizo da Coroa de Castela e participou na expedición de Álvaro de Mendaña ás illas Salomón e Filipinas (1595). En 1605, con tres barcos que lle proporcionou o vicerrei de Perú, navegou cara ao O, cara á mítica terra australiana. Obrigado a virar pola súa tripulación, descubriu a illa de Espíritu Santo (Novas Hébridas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Orixe creada pola Orde de 20 de abril de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. É unha variedade de queixo que se elabora nas parroquias de San Simón da Costa, Samarugo e Vilapedre, e no barrio de Moreda da parroquia de Lanzós, pertencentes ao concello de Vilalba, e nas parroquias da Balsa e do Viveiró, no concello de Muras. Toma o seu nome da parroquia vilalbesa de San Simón da Costa, que constitúe o seu punto de orixe. Presenta unha forma intermedia entre buxaina e bala cunha codia afumada e algo graxa. A súa pasta é semidura, con fendas, preta e de cor entre branca e amarela. A característica fundamental deste queixo é o seu afumado, despois do período de maduración que é de sesenta días, que se realiza de forma artesá con madeira de bidueiro. É un queixo entre un 45% e un 60% de materia graxa que se comercializa en dous tamaños distintos, ordinario e bufón, de menor peso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Navia pola esquerda que nace na parroquia de Cabanela e desemboca na de Barcia (Navia de Suarna).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras, é unha das mulleres pioneiras do movemento feminista en Galicia. No ámbito político, relacionouse con diversos partidos e agrupacións de carácter político, como a UPG. Colaboradora de diversos medios de comunicación e revistas como La Voz de Galicia e Grial, coordina a revista Festa da palabra silenciada, en que as mulleres son protagonistas. Ligada á Xeración das Festas Minervais, iniciouse no campo da narrativa con A orella no buraco (1965), unha das súas obras máis destacadas e na que se reflicten os principios do nouveau roman. No eido do ensaio, ademais de diferentes estudos sobre literatura galega, publicou A muller en Galicia (1977), Recuperemos as mans (1980), Evidencias (1990), Escrita da certeza (1995), Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1998) e Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (2004)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada unha das diferentes especies aniónicas ou neutras que poden establecer dous ou máis enlaces por molécula cun mesmo ión metálico. A natureza dos enlaces establecidos entre o axente quelante e o ión pode ser covalente por compartimento ou por doazón. Os axentes quelantes que máis se empregan son o ácido aminoacético, as diaminas terminais da cadea curta, o EDTA tetrasodio, a oxina, a dimentilglioxina e o anión acetilacetonato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Zambézia, Moçambique (150.116 h [1997]. É un porto situado ao NL da desembocadura do río Zambeze. Durante os ss XVIII e XIX foi un gran centro do mercado de escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Figura destacada da poesía portuguesa do s XIX e un dos grandes poetas europeos do mesmo período, foi un dos polemistas -con Eça de Queirós e Teófilo Braga- da chamada ‘Cuestión de Coimbra’, e tratou esta polémica nos ensaios Bom senso e Bom gosto (1865) e A Dignidade das Letras e as Literaturas Oficiais (1865). No ámbito político foi cofundador do Partido Socialista Português. En 1865 publicou Odes Modernas e en 1871 iniciou un cambio de sentido na súa obra, froito dunha longa crise, que reflectiu en Sonetos (1886) e que constitúe o diario da desintegración que o levou ao suicidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor cutáneo benigno, que adoita aparecer en persoas que se expoñen excesivamente á radiación solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta unha querela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa coa que se mantén unha relación fóra do matrimonio ou da parella estable.

    VER O DETALLE DO TERMO