"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
agás.
-
PERSOEIRO
Mártir. Suponse que era filla dun nobre galaico pagán que se fixo bautizar ás agachadas, consagrando a súa virxindade a Xesús Cristo. Como se negou a casar co mozo que o pai lle buscara como marido, este decapitouna. En Portugal considérana natural de Coimbra. A súa festividade celébrase o 22 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Caetano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ruínas dun antigo centro relixioso xudeu, probablemente esenio, situado a 1 km da ribeira occidental do Mar Morto e a 12 km ao S de Xericó. O establecemento comprendía un gran refectorio, unha sala de escritorio, un taller de tinturaría, dous fornos de cerámica, almacéns e unha torre de defensa. Un acueduto na superficie da terra conducía as augas do torrente veciñas a diversas cisternas. Ao redor das ruínas foron descubertos catro cemiterios. Os denominados rolos de Qumrān ou manuscritos do Mar Morto conteñen non só uns dos manuscritos máis antigos da Biblia coñecidos, senón tamén as regras da comunidade, salmos, comentarios bíblicos, literatura apócrifa e apocalíptica, e outras obras. De carácter sectario, esotérico e escatolóxico, esta literatura revela unha mentalidade semellante á de certos apócrifos do Antigo Testamento e afinidades con algúns libros do Novo Testamento. Escritos a maioría en hebreo, tamén os hai en arameo e grego....
-
PERSOEIRO
Escritora francesa. Coñecida como Françoise Sagan, deuse a coñecer sobre todo pola novela Bonjour tristesse (1954). Do resto da súa destacan algunhas pezas teatrais e as novelas De guerre lasse (1985), Un sang d´aquarelle (1987), La soga (1989), Les fauxfuyants (1991), Répliques (1992), Evasion (1993) e Un Chagrin de Passage (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Zhejiang, China, situada na confluencia dos ríos Changshan e Jiangshan, onde forman o río Qu (125.341 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Famoso polos seus za ǧ al, o seu árabe dialectal, con numerosos mozarabismos, é unha fonte moi importante para o coñecemento da fala da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pastor principal dun rabaño que pode ter ás súas ordes a outros pastores.
-
GALICIA
Actor, autor e director teatral. Participou como actor en diversas montaxes da Escola Dramática Galega, como A noite vai coma un río (1979), de A. Cunqueiro; e dirixiu O paseio de Buster Keaton (1980), de F. García Lorca. Coa compañía Luís Seoane interpetou Dansen (1980), de B. Brecht. Escribiu os dramas Lenda antiga do home que quererá voar (1979, Premio Teatro Breve da EDG), en que trata a submisión do home actual á ciencia e ao progreso; e A outra historia de Brancaneves (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Desde 1983 é catedrático numerario de Lingua e Literatura Galegas do Instituto Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña. Foi secretario da comisión lingüística da Associaçom Galega da Língua (1980-1988) e formou parte do consello de redacción de Agália ata 1995. Publicou varias obras, tanto de tipo gramatical como pedagóxicas. Entre as primerias cómpre destacar Língua: gramática metódica da língua galega (1980) e Nova gramática para a aprendizaxe da língua (1988), ambas as dúas en colaboración; Normas ortográficas do idioma galego. Texto íntegro, guia e comentários (1980) e Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983). En canto ao material pedagóxico publicou, en colaboración, Língua galega 2 (1981) e E non chegou a ser palabra (1995); Actividades de léxico 1 (1990) e Actividades de léxico 2 (1990), que tamén dirixiu e coordinou; Actividades de expresión oral e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Paco Rabal, protagonizou numerosos filmes, dos que destacan Hay un camino a la derecha (1953), Nazarín (1958), Viridiana (1961), Belle de jour (1966), Truhanes (1983), Los santos inocentes (1984, Premio de interpretación do Festival de Cannes), Juncal (1989), El hombre que perdió su sombra (1991), Goya en Burdeos (1999, Goya á mellor interpretación masculina) e Lázaro de Tormes (2000). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1992) e a Medalla de Oro de la Academia de Cine (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Rabal (Celanova), fundado a comenzos do s X.
-
GALICIA
Rabaleira pequena e Rabaleira grande son dúas praias de apenas un metro de anchura, poco utilizadas para o baño.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:... -
-
Gran cantidade de animais de gando.
-
Conxunto de cousas ou de persoas.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Catedrático de Grego na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou nun Dicionario griego-español e en diversas publicacións periódicas, como ABC, La Noche e Ya. Publicou o poemario El Cristo de Asorey (1952), Hablas hispánicas. Temas gallegos y leoneses (1967), España antigua en las fuentes griegas (1970), Haz de cuentos pavorosos (1980) e Nebulosas y otros escritos (1992). É membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Española de la Lengua.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do municipio de Santa Colomba de Somoza, provincia de León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Tivo un hospital para peregrinos e, segundo a tradición, na denominada casa das Cuatro Esquinas hospedouse Filipe II durante a súa viaxe a Compostela. Destaca a igrexa parroquial de Nuestra Señora de la Asunción (BIC, 1982), que conserva de época románica a cabeceira e o lado leste da nave.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Modisto. Coñecido como Paco Rabanne, consagrouse na década de 1960 con creacións feitas de metal, totalmente estruturais, combinadas con tecidos. Posteriormente ampliou os seus deseños ao campo da xoiaría de fantasía, perfumaría, zapatos e complementos, que difundiu por medio do prêt--à-porter. Abandonou a alta costura en 1999. Recibiu a Medalla al Mérito en las Bellas Artes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Rabaneda Cuervo.
-
-
Conxunto de cabezas de gando da mesma especie que se crían e pastan xuntas, especialmente de gando bovino ou cabrún.
-
Congregación de fieis con relación aos seus pastores.
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e erudito alemán. Arcebispo de Maguncia, antes foi monxe e abade de Fulda. Considérase o home máis erudito do s IX, pero a súa erudición foi tipicamente carolinxia, propia dun gran compilador. Esexeta, estivo interesado pola formación da clerecía (De institutione clericorum), polo bo desenvolvemento do culto e polo nivel intelectual dos seus monxes (De universo).
VER O DETALLE DO TERMO