Rábade Castiñeira, Xoán Carlos

Rábade Castiñeira, Xoán Carlos

Profesor. Desde 1983 é catedrático numerario de Lingua e Literatura Galegas do Instituto Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña. Foi secretario da comisión lingüística da Associaçom Galega da Língua (1980-1988) e formou parte do consello de redacción de Agália ata 1995. Publicou varias obras, tanto de tipo gramatical como pedagóxicas. Entre as primerias cómpre destacar Língua: gramática metódica da língua galega (1980) e Nova gramática para a aprendizaxe da língua (1988), ambas as dúas en colaboración; Normas ortográficas do idioma galego. Texto íntegro, guia e comentários (1980) e Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983). En canto ao material pedagóxico publicou, en colaboración, Língua galega 2 (1981) e E non chegou a ser palabra (1995); Actividades de léxico 1 (1990) e Actividades de léxico 2 (1990), que tamén dirixiu e coordinou; Actividades de expresión oral e escrita (1990) e Actividades de construción gramatical (1991), que tamén dirixiu. Ademais traduciu Apoloxia de Socrates (1988).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña