"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Filólogo estadounidense. Profesor na Harvard University (1896-1932), escribiu diversos estudios sobre Dante Alighieri, lingüística románica (Introdution to Vulgar Latin, 1907, traducida ao castelán por F. de B. Moll), fonética, gramática do francés e italiano e un traballo sobre o provenzal antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Participou na Marcha sobre Roma (1922) e foi ministro de Asuntos Estranxeiros (1929-1932) e de Xustiza (1939-1943). Membro do Gran Consello fascista, dirixiu (1943) a revolta que derrocou a B. Mussolini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo moi elevado ou solemne, que mesmo pode chegar a ser afectado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa e á maneira de falar ou escribir que amosa grandilocuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mansio da vía romana que unía pola costa Bracara Augusta e Asturica Augusta. As fontes non son homoxéneas no referente ao nome; mentres que para o Itinerario de Antonino trátase de Glandimiro, o Anónimo de Ravenna denomínaa Glandimarium, e para Ptolomeo trátase de Glandomiron. Algúns estudiosos localizárona en Brandomil (Zas), mentres que outros identificárona con Pontecesures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral setentrional da illa de Arousa, no litoral da parroquia e concello da ría de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático da Escola Universitaria de Estudios Empresariais da Universidade da Coruña. Director de Relacións Institucionais do Banco Pastor, foi secretario da Universidad Internacional Menéndez Pelayo de Santander. Colaborador de diversas publicacións especializadas, como Eco-Revista Galega de Economía, colaborou, entre outras obras, en Estrutura económica de Galicia (1992), Manual Básico de Economía en Galego (1993), De la peseta al euro: reflexiones conceptuales y estratégicas (1998) e Una Galicia moderna, líderes empresariales gallegos (2002). Foi autor, entre outras obras, de Mundos lonxanos e próximos: A necesaria extensión da Galeguidade (1995), El déficit público y sus implicaciones en la gestión bancaria: la experiencia española (1985-1990) (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Tino Grandío, despois de acadar galardóns nas exposicións provinciais de Lugo de 1944 e 1945 acadou unha bolsa en 1949 da deputación lucense e trasladouse a Madrid, onde se relacionou con Cristino Mallo e outros artistas galegos. As súas primeiras obras foron escenas de xénero e costumistas tratadas cun colorido intenso e cunha rotundidade case escultórica na representación das figuras. Desde a década de 1950 a súa obra evolucionou cara a dúas correntes, a abstracción e a neofiguración, caracterizándose pola monocromía, xeralmente de grises e brancos, polas figuras pouco perfiladas sobre as que se estende a mancha da cor de xeito que semellan flotar ou vaporizarse no espazo e polo reiteramento dos temas, naturezas mortas, paisaxes, mariñas, escenas de interior, retratos e animais; no da abstracción cómpre destacar, entre outras obras, Vaca azul (1951) e a serie dos Espellos (1959-1961). No eido da figuración destacan, entre outras, Romaría...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de grandioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que destaca polo seu tamaño.

    2. Que causa unha grande impresión pola súa beleza, importancia ou calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do fondo da ría de Arousa, na marxe meridional, no litoral da parroquia de Bamio, concello de Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tamaño das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean-Ignace-Isidore Gérard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador alemán. Residente en Italia a maior parte da súa vida, entre as súas obras destacan Historia do Emperador Adriano (1848) e Geschichte der Stadt Rom im Mettelalter (Historia da cidade de Roma na Idade Media, 1855-1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor valón. Estudiou en Roma, onde coñeceu a ópera italiana. Instalado en París desde 1767, combinou o estilo italiano co francés en óperas cómicas. Da súa produción destacan as óperas Le Huron (1768), Zémire et Azor (1771) e Richard Coeur-de-lion (1784). Compuxo ademais cuartetos, sinfonías e obras sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Moscova 1795 - Teherán 1829) Escritor e diplomático. Da súa produción destaca Gore ot uma (A desgraza de ser intelixente, 1824), onde o heroe ve a vida moscovita a través do prisma renovador das súa experiencias no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO