"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Especialista do cine de animación. En 1960 creou o personaxe do señor Rossi, prototipo do home contemporáneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director teatral. Traballou en diversas compañías (1978). A partir deste ano integrouse no grupo Dagoll-Dagom, no que participou como actor e director en Antaviana (1978) e Glups (1983). Tamén participou exclusivamente como director en El Mikado (1986), Mar i cel (Mar e ceo, 1988) e noutras obras doutras compañías como Sin palabras (1987) e Quartetto da cinque (1987). Nos últimos anos dirixiu de novo espectáculos de Dagoll-Dagom como Flor de Nit (Flor de Noite, 1992). Tamén puxo en escena a ópera Don Pascuale de Donizetti no Teatro Grego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa francesa e Raíña de Castela. Filla do duque Pedro de Borbón e de Isabel de Valois, casou co Rei Pedro I o Cruel (1351), quen a abandonou aos tres días de casar, e logo a perseguiu ata conseguir que a encarcerasen no castelo de Medina Sidonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Otón IV, conde de Borgoña. Casou con Carlos IV de Francia. Acusada de adulterio, foi repudiada en 1322 e retirouse a unha abadía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa de Tunisia, no Mar Mediterráneo. Situado ao O do golfo de Bizerta, a 37° 20’ de latitude N, constitúe o punto máis setentrional do continente africano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa atlántica de Mauritania, situado ao N da baía de Lévrier.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor de Munster (978) e rei de Irlanda (1002-1014). Loitou contra os viquingos, que ocupaban parte do país, derrotándoos na decisiva batalla de Clontarf (1014). Un grupo dos vencidos, finalmente, asasinouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación popular aplicada aos cogomelos da especie Amanita muscaria, que acadan ata 15 cm de altura e teñen a superficie do sombreiro vermella con pequenas escamas brancas e, ao pé, o anel e a volva tamén brancos. O nome fai referencia aos efectos alucinóxenos desta especie, que foi empregada por certos pobos siberianos en cerimonias relixiosas; posiblemente teña relación co soma do Rig-Veda e coa persecución no s IV do priscilianismo e a micofobia que caracterizou o pobo galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro norteamericano de investigación multidisciplinaria, fundado no 1946 e dirixido por unha asociación de universitarios baixo contrato co departamento de enerxía dos EE UU. Situado en Long Island, as súas principais liñas de investigación son a física teórica e aplicada, a biomedicina, a enerxética e as ciencias do medio ambiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa suíza de construcións electromecánicas fundada por Charles E. L. Brown (1863-1924) e Walter Boveri (1865-1924) en Baden no 1891. No 1900 era a primeira de Europa en fabricar turbinas de vapor. Dende o 1936 ocupa un dos primeiros lugares mundiais na industria electromecánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos estríxidos ao que pertencen algúns bufos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ganglio linfático inflamado, a miúdo supurativo, a causa dunha enfermidade infecciosa (peste, escarlatina, sífilis, linfogranuloma venéreo, etc). Os ganglios máis afectados adoitan ser os das rexións inguinais e axilares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos bubóns ou que provoca a súa aparición.
-
PERSOEIRO
Escritor. De tendencia simbolista, foi coñecido co pseudónimo de Andrej Belyj. Entre 1902 e 1905 publicou catro Sinfonie (Sinfonías) á maneira das grandes composicións musicais, cargadas de motivos místicos. Cos poemas Pepel (Cinsa, 1909) e coa novela Peterburg (1913) interesouse polos problemas sociais resultantes da revolución de 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Órgano, xeralmente subterráneo, constituído por un talo curto e engrosado, cunha xema destinada a orixinar o talo aéreo ao darse as condicións adecuadas, e envolvida de follas carnosas e ricas en reservas, entre as que hai outras xemas, que orixinarán novos bulbos. O bulbo representa un órgano de resistencia que permite a un gran número de xeófitos pasar a época desfavorable (fría ou seca) do seu ciclo vexetativo. Pola súa riqueza en substancias de reserva, diversas especies bulbosas teñen interese alimentario.
-
Nalgúns cogomelos, engrosamento globuloso da base do pé.
-
Nalgunhas algas, disco basal de fixación en forma de cúpula.
-
-
-
Expansión, protuberancia redondeada de certos órganos que lembra, pola súa forma, os bulbos vexetais.
-
bulbo aórtico
Dilatación da base da aorta.
-
bulbo arterioso
Rexión do vaso cardíaco do embrión.
-
bulbo dentario
Papila nerviosa e vascular da parte interna do dente.
-
bulbo duodenal
Primeiro tramo do duodeno, a continuación do píloro.
-
...
-
-
-
-
Que ten bulbos.
-
Que ten aspecto de bulbo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao bulbo uretral.
-
Glándula de Cowper.
-
-
PUNTA
Punta situada na parroquia e concello de Burela, entre a praia Reliño ao N e Punta das Cabras ao S. Constitúe o extremo oriental da Serra de Buio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cronista oficial de Cambados. Desenvolveu o seu labor profesional como comisario de policía. Colaborou como xornalista en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo. Amais de numerosos artigos xornalísticos, escribiu: Cambados a la luz de la historia (1933), El Grove, su historia (1964) e Rosalía en el llanto de su estirpe (1968). Foi membro da Real Academia Galega e, dende 1973, da Real Academia da Historia. Recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña do ano 1948 pola súa obra El periodismo gallego en relación con el periodismo español.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra reflicte unha gran preocupación polos temas sociais, á vez que se apoia nunha linguaxe moi elaborada. Publicou as novelas Dos días de setiembre (1962), Ágata ojo de gato (1974), Toda la noche oyeron pasar pájaros (Premio Ateneo de Sevilla, 1981) e En la casa del padre (1988), entre outras; e poemarios como Las adivinaciones (1952), Memorias de poco tiempo (1954), Las horas muertas (1959), Vivir para contarlo (1969), Descrédito del héroe (1977), Selección natural (1983) e Laberinto de fortuna (1984), entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO