brincabois

brincabois
s m [FUNGO]

Denominación popular aplicada aos cogomelos da especie Amanita muscaria, que acadan ata 15 cm de altura e teñen a superficie do sombreiro vermella con pequenas escamas brancas e, ao pé, o anel e a volva tamén brancos. O nome fai referencia aos efectos alucinóxenos desta especie, que foi empregada por certos pobos siberianos en cerimonias relixiosas; posiblemente teña relación co soma do Rig-Veda e coa persecución no s IV do priscilianismo e a micofobia que caracterizou o pobo galego.

Palabras veciñas

Briñas, As | 1 brinca | 2 brinca | brincabois | brincadeira | brincador -ra | brincar