"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Blastoderme propio dos ovos telolecíticos ou meroblásticos de peixes, réptiles, aves e cefalópodos, caracterizados por presentar un tipo de segmentación parcial discoidal que afecta tan só ao polo animal, mentres que a parte inferior ou vexetativa queda sen segmentar.
-
-
Relativo ou pertencente aos blastofenicios.
-
Individuo do pobo dos blastofenicios.
-
Pobo establecido desde época romana na franxa litoral da Andalucía mediterránea segundo as achegas de Apiano, pero que en fontes anteriores aparece denominado por Ptolomeo como libifenicio e bástulo-púnico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da Botánica que estudia os brotes ou rebentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Neoplasia de células inmaduras e indiferenciadas que derivan do blastema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación común que reciben os mamíferos fósiles do xénero Blastomeryx.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das células formadas durante a división do ovo fertilizado nos primeiros estadios de desenvolvemento embrionario. Denomínase tamén célula filla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos fósiles da familia dos tragúlidos, de ata 75 cm de lonxitude e aparencia semellante a un corzo, con longos cabeiros superiores que sobresaen moito da boca do animal. Propios de principios do Mioceno ata finais do Plioceno, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.
-
-
Relativo ou pertencente ao fungo da orde das blastomicetais.
-
Fungo da orde das blastomicetais.
-
Orde de deuteromicetos constituída por fungos xeralmente unicelulares, que non teñen un auténtico micelio, que perderon a capacidade de formar ascos ou que nunca a tiveron, e que se multiplican por xemación. Pertencen a este grupo os xéneros Candida, Cryptococcus, Histoplasma, Malassezia, Rhodosporidium e Sporobolomyces.
-
-
-
Infección causada por fungos da orde das blastomicetais.
-
Infección causada polo fungo Blastomyces dermatitidis que ás veces se limita á pel, onde orixina lesións inflamatorias, ou ao pulmón, onde produce lesións de condensación, fibronodulares ou cavitarias. En ocasións pode xeneralizarse e afectar os ósos, o sistema nervioso, os riles, o fígado e o bazo. Tamén recibe o nome de enfermidade de Gilchrist.
-
Infección cutánea causada polo fungo Loboa loboi.
-
paracoccidioidomicose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración do produto da xestación producida durante as primeiras semanas do embarazo, cando o embrión está en fase de blástula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos himenópteros da familia dos agaónidos. A especie máis destacada é B. psenes, que vive nos siconos da figueira (ou figos). O ciclo biolóxico desta especie comeza cando a femia, cargada de pole, entra no figo a través do ostíolo distal e poliniza as flores femininas ao tempo que pon os ovos no seu ovario; logo de morrer a femia, desenvólvense as cecidias ováricas das que xorden primeiro os machos ápteros; estes buscan cecidias onde haxa unha femia para fecundala e despois abandonan o figo a través de pequenas perforacións que fan eles mesmos; posteriormente emerxen as femias, aladas, que saen do figo polo ostíolo cargadas de pole e dispostas a entrar noutro figo para reiniciar o ciclo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orificio transitorio formado na superficie ventral dos embrións durante a gastrulación, que comunica o arquénteron co exterior. Este orificio dá orixe ao ano nos animais celomados deuteróstomos. Nos protóstomos, permanece formando a boca ou ben cerra ao finalizar a gastrulación, volvéndoa a abrir máis tarde no mesmo lugar ou moi preto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
blastulación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nos urocordados, cada un dos individuos sexuados e coloniais que nacen asexualmente (por xemación) a partir do oozoide.
-
PERSOEIRO
Investigador e crítico literario. Publicou numerosos artigos sobre a lírica do Século de Ouro castelán e novelas de cabalerías. É autor de En el texto de Garcilaso (1970) e La transmisión textual en “El conde Lucanor” (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica total ou parcial dunha pálpebra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica dunha parte do músculo orbicular das pálpebras en casos de presión anómala da pálpebra sobre a córnea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mastigosoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ptose palpebral ou caída da pálpebra superior. Pode ser unilateral ou bilateral e, se é acentuada, pode afectar a visión ao quedar cuberta a pupila. A blefaroptose é posible por mor de trastornos conxénitos ou de trastornos adquiridos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento destinado a manter separadas as dúas pálpebras durante as intervencións cirúrxicas nos ollos.