Blastophaga
Blastophaga
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de insectos himenópteros da familia dos agaónidos. A especie máis destacada é B. psenes, que vive nos siconos da figueira (ou figos). O ciclo biolóxico desta especie comeza cando a femia, cargada de pole, entra no figo a través do ostíolo distal e poliniza as flores femininas ao tempo que pon os ovos no seu ovario; logo de morrer a femia, desenvólvense as cecidias ováricas das que xorden primeiro os machos ápteros; estes buscan cecidias onde haxa unha femia para fecundala e despois abandonan o figo a través de pequenas perforacións que fan eles mesmos; posteriormente emerxen as femias, aladas, que saen do figo polo ostíolo cargadas de pole e dispostas a entrar noutro figo para reiniciar o ciclo.