"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
ILLAS
Arquipélago do Océano Pacífico, na Polinesia, situado ao S do ecuador (3.041 km2). Consta de seis illas e numerosos illotes formados por picos emerxidos dunha cordilleira volcánica. Administrativamente está dividido no estado independente de Samoa e en Samoa Americana, dependencia de EE UU. En 1830 un misioneiro inglés, John Williams, visitounas. A finais do s XIX, Alemaña, Reino Unido e EE UU obtiveron certos privilexios para os seus súbditos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
GALICIA
Parroquia do concello de Palas de rei. baixo a advocación de San mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa situada no río Sor que pertence á parroquia de San Miguel de Negradas (O Vicedo). Habitada en época castrexa, durante a Idade Media existiu un convento.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa que forma parte do arquipélago das Illas Cíes. Está separada da illa do Faro polo estreito de Freu da Porta. A costa que se abre ao mar aberto é máis abrupta e ten cantís e cafurnas mentres que a que se abre a ría de Vigo ten un perfil moito máis suave que permite a formación de praias. A súa máxima altitude atópase no monte Pereira, que acada os 172 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Serra do N do Sistema Ibérico, situada na provincia de Burgos. O seu cumio acada os 2.131 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de La Rioja, situado no val do Cárdenas (269 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destacan os mosteiro de Suso, que Sancho II de Pamplona converteu en beneditino en 931, e o de Yuso, ambos os dous declarados BIC en 1931 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1997, e unha igrexa mozárabe (s X), reconstruída en 1030, despois do saqueo de Almanzor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cualedro baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento situado en Cualedro. Coñecido tamén como A Cidá do castro, dátase entre os ss III e IV a C. Está formado por tres recintos amurallados, superpostos e independentes. Polos lados sur e oeste, o río fai de defensa natural, pero completouse cun foxo no sector norte e cun sistema de pedras fincadas, situado no leste. Atopáronse fragmentos de cerámica lisa ou con decoración, e restos en bronce e ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla de Saint-Quentin.
-
ILLAS
Pequena illa situada na enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo, na parroquia de Cesantes (Redondela). De 250 m de longo e 84 de ancho, é pouco elevada e escarpada no litoral. Orixinariamente eran dúas illas, San Simón e Santo Antonio, que máis tarde se uniron por unha ponte. Pertenceu á orde do Temple desde o s XII ata o s XIV e as súas dependencias foron ocupadas polos franciscanos, que sufriron o saqueo de F. Drake en 1589. En 1598 instaláronse monxes procedentes de San Xoán de Poio que reconstruíron o vello convento. Anos despois regresaron os franciscanos ata que en 1702, despois da Batalla de Rande, o convento foi destruído. Reedificado de novo, permaneceron nel ata que se trasladaron en 1809 a Agrelo. En 1830 aprobouse este emprazamento para usalo como lazareto da cidade de Vigo. Na illa de Santo Antonio estaban os enfermos sen cura e na de San Simón os que poderían curarse. Durante a Guerra Civil e ata 1943 foi cárcere e despois albergue e fogar para orfos de mariñeiros. En...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción que une as illas de San Simón e Santo Antonio no fondo da ría de Vigo, en Cesantes (Redondela). Construída no s XIX en cantaría, ten tres arcos rebaixados e fitos nos accesos.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Xillao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico estadounidense. Desde 1952 traballou nos observatorios Wilson e Palomar. Fixo a primeira identificación óptica dun quásar (1960) e determinou, con G. Tammann, un novo valor da constante de Hubble, que dá a relación entre a velocidade radial dunha galaxia e a súa distancia á Terra, segundo a lei de Hubble.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ILLAS
Arquipélago situado na costa NL das illas Célebes, Indonesia, que ten como principais illas a Gran Sangihe, Siau e Tahulandang (813 km2; 195.000 h [1980]). Ten catro volcáns activos, entre os que destaca o Awu (1.300 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, marqués de Casa Pardiñas, sobriño de Ramón Pardiñas Villardefrancos. En 1856 rematou os estudos de leis en Santiago de Compostela, onde foi alcalde. Foi deputado en Cortes pola sección de Pontevedra (1865-1866) e polo distrito de Corcubión (1871-1873, 1876-1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (7.833 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO