Sandage, Allan Rex

Sandage, Allan Rex

Astrofísico estadounidense. Desde 1952 traballou nos observatorios Wilson e Palomar. Fixo a primeira identificación óptica dun quásar (1960) e determinou, con G. Tammann, un novo valor da constante de Hubble, que dá a relación entre a velocidade radial dunha galaxia e a súa distancia á Terra, segundo a lei de Hubble.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Iowa