"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PERSOEIRO
Profeta de Israel. Foi un dos chamados pequenos profetas que anunciou ao pobo de Israel a chegada dun anxo purificador ao tempo que chamou á conversión e realizou denuncias proféticas contra o pobo de Xerusalén, pola súa falta de temor a Iavé.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Abade, bispo e primado de Irlanda. Abade de Bangor (1123), foi bispo de Connor (1125). Como primado de Armagh (1132- 1148) restaurou a disciplina da Igrexa e adoptou a liturxia romana. Realizou dúas viaxes a Roma (1139 e 1148) e introduciu a regra do císter en Irlanda. Canonizado polo Papa Clemente III o 6 xullo de 1190, a súa festividade celébrase o 3 novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro profético do Antigo Testamento datado na primeira metade do s V a C. Nel o autor dialoga e reprende o seu auditorio, ao mesmo tempo que anuncia a chegada dun anxo ao templo para purificalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato básico de cobre, de fórmula Cu2(OH)2(CO3). Cristaliza no sistema monocíclico. É de hábito prismático ou acicular, aínda que tamén se presenta en masas nodulares. De cor verde viva, ten unha dureza 3,5-4 e unha densidade aproximada de 4.
-
PERSOEIRO
Músico. Discípulo de J. B. Pujol en Barcelona, debutou en 1886 e ampliou estudios en París. Estreou gran parte da suite Iberia de Albéniz. Compuxo a suite sinfónica Impresiones de España, un trío para piano, violín e violoncelo e diversas obras para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Mallorca ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Mallorca.
-
Modalidade de catalán que se fala en Mallorca. É un subdialecto do catalán insular ou balear.
-
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Texós (Baltar) e Guntín (Os Blancos). O seu cumio acada os 986 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia e concello de Ribas de Sil. O seu cumio acada os 520 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar en Malplaquet, Normandie, o 11 de setembro de 1709 durante a Guerra de Sucesión Española. As tropas da Gran Alianza da Haia derrotaron os franceses, feito que levou a Luís XIV a considerar a posibilidade de firmar a paz e abandonar a causa de Filipe V.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento e actitude de aversión ou mala vontade cara a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
malquerencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é obxecto de malquerenza por parte de alguén.
-
PERSOEIRO
Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Arqueoloxía da Universidad de Salamanca (1949-1959) e Barcelona, dedicouse ao estudo da Prehistoria do N de Castela e León e Nafarroa. Da súa produción destacan La Humanidad prehistórica (1968), El proceso histórico de la antigua población peninsular, Tartessos (1970), Tartessos. La ciudad sin historia (1970-1975) e La prehistoria española (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Foi membro fundador, primeiro conselleiro, delegado e director (1977-1982) de Avui. Escribiu as obras narrativas Tina a interludis (1956) e Pol-len (1963, premio Víctor Català). Foi director xeral de Cine, Música e Teatro do departamento de cultura da Generalitat de Catalunya (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto. Foi bibliotecario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación de Madrid e fundador do Instituto Nacional de Previsión. Publicou Reseña histórica de la Real Academia matritense de Jurisprudencia y Legislación (1884) e Una campaña en pro del seguro y de la previsión popular (1926-1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro. Doutorouse na Universitat Politécnica de Catalunya e dirixiu a ETS de Enxeñeiros Técnicos Industriais e o departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo (1979-1987), e o Instituto de Electrónica Aplicada “Pedro Barrié de la Maza”. Desenvolve o seu labor no campo da investigación do deseño microelectrónico e de sistemas electrónicos. Das súas obras destacan Problemas de electrónica digital (1977), Diseño de sistemas digitales y microprocesadores (1979), en colaboración con E. Tassis, Procesadores programables, el microprocesador (1980), Sistemas electrónicos digitales (1984), Manual de prácticas de electrónica digital (1988), La innovación tecnológica y su gestión (1989), en colaboración con M. Ruiz González, e Instrumentación electrónica (1989), con Perfecto Mariño Espiñeira. Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio ao mérito académico (1969) e recibiu o premio da Xunta ao Mellor Traballo Tecnolóxico (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Dirixiu o Diario de Barcelona cunha perspectiva conservadora, típica da burguesía catalá e colaborou en revistas como El Genio ou La Discusión. Destacan as obras La revolución de 1868 juzgada por sus autores (1876), La paz y los fueros (1876) ou El oasis: viaje al país de los fueros (Provincias Vascongadas y Navarra) (1876-80).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Figura de diversos materiais que representa a unha persoa ou unha parte dela e que serve aos artistas para estudar actitudes ou formas e aos modistos para exhibir vestimentas.
-
-
Persoa que un modisto viste para que exhiba a roupa que el confecciona.
-
Persoa que se prepara en exceso.
-
-
Persoa de pouco carácter e personalidade que se deixa dominar por outras.
-
-
-
-
Doutrina fundada por Mani no s III, baseada na distinción dualista do universo entre o principio do ben, identificado co Pai eterno xudeu-cristián e co espiritual, e o do mal, identificado con Ahrimān ou Satanás e co material. Estableceu unha teoría da salvación en tres fases: a inicial, na que os dous principios permanecían separados; a do tempo medio ou presente, en que se atopaban; e a do tempo final, en que se volvían separar, de xeito que o mundo sairía das tebras e as almas poderían volver á súa orixe: o Paraíso. Como institución, posuía un canon de libros sacros, integrados por sete libros atribuídos a Mani e outros feitos en Turfan, Exipto e Alxeria. A doutrina estendeuse por Persia, India, Tibet, China, Turkestán, Italia, N de África e parte da Península Ibérica. A súa influencia quedou patente en diversas sectas medievais, como a dos paulicianos ou os cátaros.
-
Secta dos maniqueos.
-
-
Actitude derivada da convicción de que todas as cousas están divididas en dúas partes, unha completamente boa e aceptable, e outra mala e reprobable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
maniqueo.