"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de labranza formado por dous ou máis dentes, que se usa para arrancar o esterco ou para sachar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, un castelo de prata, acompañado de tres flores de lis de ouro, unha no centro do xefe, e unha en cada flanco. Outro trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, sinistrada dun oso da súa cor, empinado á copa.
-
PERSOEIRO
Monxe, fillo dun secretario de María de Medici. Afillado do cardeal Richelieu, foi un neno precoz, abade comendatario de cinco abadías e presbítero, e experimentou unha conversión radical despois dunha mocidade disipada. Viviu cos oradores e logo profesou a vida cisterciense en Notre-Dame de La Trappe, de onde pasou a ser abade efectivo, e iniciou a reforma do Císter da máis estrita observancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de porcos que nacen dunha vez ou que se crían xuntos.
-
Conxunto de cabalos que viven salvaxes no monte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Turismo ou furgoneta coa a parte posterior máis longa ca un modelo normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que trata ou comercia con porcos.
-
-
Relativo ou pertencente ao rancho.
-
Persoa que goberna ou é propietaria dun rancho.
-
Persoa que se encarga de cociñar o rancho.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canción e danza tradicional de Arxentina, Perú, Venezuela e México.
-
CIDADES
Cidade do estado de Bihar, India, situado no altiplano de Chotānagpur (598.498 h [1991]). É un centro de transformación de produtos da terra como arroz, cultivos oleosos, algodón e café.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cría de porco que aínda mama ou que non hai moito tempo que o facía.
-
Porco pequeno.
-
-
Porco de calquera idade.
-
-
-
Comida sinxela que se fai para moitas persoas, especialmente as que viven nun cuartel ou prisión.
-
Explotación gandeira propia das pradarías do oeste americano que comprende a casa, a corte do gando, e extensas zonas de prados.
-
Cabina dunha embarcación destinada a dormitorio da tripulación.
-
-
-
-
Aplícase á substancia graxa que, alterándose quimicamente, adquire un olor e un sabor moi fortes e desagradables.
-
Aplícase ao viño envellecido por oxidación que adquire un olor e sabor máis fortes, mellorándose ou derramándose.
-
-
Que ten carácter anticuado ou obsoleto.
-
Que é antipático e desagradable.
-
-
Alteración dunha substancia en contacto co aire que adquire un cheiro e sabor moi fortes e desagradables.
-
Alteración do viño pola acción oxidativa do aire, a calor e a luz, que lle dá un sabor e un olor máis fortes, mellorándoo ou botándoo a perder.
-
-
Calidade do que está avellentado ou fóra do uso normal.
-
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ovo’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resentimento profundo que unha persoa ten a outra por unha ofensa que esta lle fixo.
-
-
Que ou quen garda ou ten rancor a alguén.
-
Que implica rancor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria principal da República Sudafricana (R). Divídese en 100 céntimos e equivale a 1,24414 g de ouro fino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga das palilleiras que designa o encaixe en xeral.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Gauteng, República Sudafricana, situada ao S de Johannesburgo, da que constitúe un núcleo residencial (137.388 h [1985]). É unha cidade independente desde 1962.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que se produciu na ría de Vigo o 23 de outubro de 1702, durante a Guerra de Sucesión Española, entre a escuadra española que transportaba a prata desde América co apoio dunha escuadra francesa dirixida por Château-Renault, e unha frota anglo-holandesa ao mando de G. Rooke. A presión anglo-holandesa impedira a descarga en Cádiz e o xeneral español Manuel de Velasco Tejada buscou refuxio na ría de Vigo. As embarcacións franco-españolas refuxiáronse na enseada de San Simón desde o 22 de setembro. Construíuse unha barreira no estreito de Rande e instaláronse 38 canóns no forte de Corbeira (Domaio, Moaña) e 17 na batería de Rande e comezou o desembarco do ouro que traía a frota. Parte das defensas desmontáronse cando parecía que os anglo-holandeses ían permanecer lonxe, pero o 21 de outubro esta frota apareceu na ría mentres se tentaban reconstruír as defensas. O 23 de outubro, despois de desembarcar as forzas anglo-holandesas, que destruíron as fortificacións e aniquilaron as...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso marítimo entre as beiras S e N da ría de Vigo que se estende entre punta Aradoiro (Moaña) e Cabanas (Redondela).