rancio -cia

rancio -cia

(< lat rancĭdu)

  1. adx
    1. Aplícase á substancia graxa que, alterándose quimicamente, adquire un olor e un sabor moi fortes e desagradables.

    2. Aplícase ao viño envellecido por oxidación que adquire un olor e sabor máis fortes, mellorándose ou derramándose.

  2. adx

    Que ten carácter anticuado ou obsoleto.

    Ex: O cuarto do avó tiña unha decoración moi rancia.

  3. adx

    Que é antipático e desagradable.

    Ex: Aquela vella rancia botounos da casa.

  4. s m
    1. Alteración dunha substancia en contacto co aire que adquire un cheiro e sabor moi fortes e desagradables.

    2. Alteración do viño pola acción oxidativa do aire, a calor e a luz, que lle dá un sabor e un olor máis fortes, mellorándoo ou botándoo a perder.

  5. s m

    Calidade do que está avellentado ou fóra do uso normal.

    Ex: Horrorizounos o rancio daqueles mobles.

  6. s m

    Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ovo’.

Palabras veciñas

Rānchī | 1 rancho | 2 rancho | rancio -cia | rancor | rancoroso -sa | rand