rancio -cia
(< lat rancĭdu)
-
adx
-
Aplícase á substancia graxa que, alterándose quimicamente, adquire un olor e un sabor moi fortes e desagradables.
-
Aplícase ao viño envellecido por oxidación que adquire un olor e sabor máis fortes, mellorándose ou derramándose.
-
-
adx
Que ten carácter anticuado ou obsoleto.
Ex: O cuarto do avó tiña unha decoración moi rancia.
-
adx
Que é antipático e desagradable.
Ex: Aquela vella rancia botounos da casa.
-
s
m
-
Alteración dunha substancia en contacto co aire que adquire un cheiro e sabor moi fortes e desagradables.
-
Alteración do viño pola acción oxidativa do aire, a calor e a luz, que lle dá un sabor e un olor máis fortes, mellorándoo ou botándoo a perder.
-
-
s
m
Calidade do que está avellentado ou fóra do uso normal.
Ex: Horrorizounos o rancio daqueles mobles.
-
s
m
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ovo’.