"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • RIOS

    Río do SL de Asia (1.200 km), que nace nas montañas de Yunnan, China, e discorre encaixado entre profundas gorxas ata que entra en Vietnam, a uns 500 km do mar, en Lao Kay, onde se converte nun río de chaira que desemboca no golfo de Tonquín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi un dos introdutores do retorno ao clasicismo, especialmente despois da súa viaxe a Italia. A súa obra é dunha gran simplicidade de liñas. Destacan o Hôtel-Dieu (1741-1748), a Loge des Changes (1747-1750) e o Grand-Théâtre (1756), en Lyon, así como a igrexa de Sainte Geneviève (1756-1780), en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Batería de jazz estadounidense. Coñecido como Kenny Clarke, foi un dos pioneiros da rítmica bop. Formou parte da orquestra de Dizzy Gillespie, do trío de Thelonious Monk e do Modern Jazz Quartet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e físico alemán. Fixo investigacións sobre a gravidade, os explosivos e a expansión dos líquidos, aínda que é coñecido polos seus estudos sobre o baleiro e por idear unha bomba de baleiro (1856) que se empregou na fabricación de lámpadas eléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Expresión matemática que permite determinar a humidade relativa do aire ao medir as temperatura seca ts e húmida th dun psicrómetro. Escríbese

    FORMULA
    onde e é a tensión de vapor, eh a tensión de saturación do vapor que corresponde á temperatura do termómetro húmido, e p a presión atmosférica, todos os valores expresados en mm de Hg. A é un coeficiente característico do psicrómetro, que normalmente é da orde de 0,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Estudou na Universidade de Halle, onde se doutourou en 1903. Estudou os conxuntos macromoleculares, a polimerización dos plásticos e outros sintéticos e descubriu que moitas substancias dos tecidos vivos, como o amidón, as proteínas ou a celulosa, son macromoléculas. Das súas obras destacan Die Kettene (As cadeas, 1912) e Makromolekulare Chemie und Biologie (Química e Bioloxía macromolecular, 1947). En 1953 recibiu o Premio Nobel de Química, polas investigacións sobre os polímeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliartrite crónica xuvenil que se caracteriza pola afectación de máis de catro articulacións con síndrome febril, erupción máculo-papilar e alteracións sinoviais semellantes ás da artrite reumatoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión matemática que permite calcular, aproximadamente, o factorial dun número n, se é moito maior que 1. A exactitude do resultado é moito mellor canto maior é n. Escríbese n! ~√----2πn nn e-n. Pódese dicir que, para calquera valor de n, cúmprese          √----2πn nn e-n < n! < √----2πn nn e-n (1+1/12n).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. A súa poesía caracterízase por un acentuado lirismo; destaca Gedichte (Poemas, 1852). Cultivou tamén a novela como Immensee (O lago Immen, 1852) ou Die Söhne des Senators (Os fillos do senador, 1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático noruegués. Estudou a alta atmosfera, o campo magnético terrestre e os raios cósmicos, onde estableceu o denominado cono de Störmer. Fotografou as auroras boreais, que estudou teoricamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. En 1998 recibiu, xunto con R.B. Laughlin e D.C. Tsui, o Premio Nobel de Física, polo descubrimento dunha nova forma de fluído cuántico coas excitacións fraccionalmente cargadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en 1998 no castelo de Stormont, nas proximidades de Belfast, entre o goberno británico, o Sinn Féin e os protestantes moderados. Permitiu unha nova tregua e abriu o camiño para a autoderterminación do Ulster e a paz, o que implicaba a disolución do IRA. Pero, o atentado cometido ese mesmo ano polo IRA Auténtico en Omagh, desmantelou o proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversas sobre a limitación de armas estratéxicas iniciadas en 1969 entre EE UU e a URSS para frear a carreira de armamentos, especialmente a dos nucleares. As principais foron as de Moscova (1972), a partir das que se denominaron SALT II, e as de Vladivostok (1975). As negociacións, que comezaron en 1979, retomáronse en 1982 baixo a denominación de START.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversas iniciadas en 1982 en Xenebra entre EE UU e a URSS para reducir as armas estratéxicas, especialmente no que se refire ás de alcance medio, cun raio de acción que afecta a Europa. Paralizadas en 1983, reiniciáronse coa chegada ao poder de M. Gorbačov (1985), e remataron en 1991 coa sinatura do tratado que comportaba a eliminación dunha terceira parte do stock de armas nucleares de longo alcance e a redución á metade do arsenal estratéxico antes de nove anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario alemán desenvolvido desde finais da década de 1770 ata a metade da de 1780, denominado tamén Geniezeit (Tempo do xenio) pola súa glorificación do xenio orixinal, que foi considerado como a forza inspiradora da creatividade artística. O nome deriva da obra dramática de F. M. Klinger, representada por primeira vez en 1776. Oposto á Ilustración e ás súas leis poéticas racionalistas, foi iniciado por J. J. Rousseau e recibiu os seus fundamentos teóricos cos escritos de J. G. Hamman e de J. G. Herder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático suízo. Fixo investigacións en óptica, mecánica, ecuacións diferenciais e enunciou un famoso teorema sobre as raíces das ecuacións alxébricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. A Confederación Regional Galaica destinouno a reorganizar o Sindicato de Industria Pesquera de Cariño, disolto en outubro de 1934. Durante a Guerra Civil interveu na defensa de Irún e Donostia, na toma de Fuendetodos e na Batalla de Belchite como mando da Columna Carod-Ferrer. Foi detido na Coruña en 1948 baixo a acusación de ter contactos coa guerrilla e pertencer á FAI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude sinusoidal cuxa frecuencia é un submúltiplo enteiro da frecuencia fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é inferior ao normal.

    2. Dados unha curva y = f(x) e un punto x 0 desta, distancia do punto do eixe de abscisas onde a perpendicular á curva en x 0 corta ao punto de abscisa x 0 do mesmo eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO