Sturm und Drang

Sturm und Drang
[LIT]

Movemento literario alemán desenvolvido desde finais da década de 1770 ata a metade da de 1780, denominado tamén Geniezeit (Tempo do xenio) pola súa glorificación do xenio orixinal, que foi considerado como a forza inspiradora da creatividade artística. O nome deriva da obra dramática de F. M. Klinger, representada por primeira vez en 1776. Oposto á Ilustración e ás súas leis poéticas racionalistas, foi iniciado por J. J. Rousseau e recibiu os seus fundamentos teóricos cos escritos de J. G. Hamman e de J. G. Herder.