"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre orixinaria de Holstein, que acadou a súa maior influencia política no s XV. Destacaron o conde Johann von Rantzau (Steinburg, Holstein 1492-Breitenburg 1565), que convenceu ao duque de Holstein que aceptase a coroa que lle ofreceron os daneses en 1525 (Federico I de Dinamarca e de Noruega); e o conde Josias von Rantzau (Bothkamp, Holstein 1609-París 1650), mariscal de Francia desde 1645.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quiste mucoide da boca, de orixe salival, que produce unha alteración característica da voz.
-
-
Relativo ou pertencente ás ranunculáceas.
-
Planta da familia das ranunculáceas.
-
Familia de ranunculais constituída por plantas xeralmente herbáceas e perennes de follas alternas, sen estípulas, a miúdo divididas, de flores coloreadas, hermafroditas, xeralmente actinomorfas, poliandrias, e de xineceo súpero apocárpico, e de froitos e folículo, en núcula ou en baga. Son propias case exclusivamente do hemisferio norte.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás ranunculais.
-
Planta da familia das ranunculais.
-
Orde de dicotiledóneas que comprende como familia principal a das ranunculáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se aplica ás especies do xénero Ranunculus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das ranunculáceas, perennes ou anuais, terrestres ou acuáticas, de follas divididas ou enteiras, de flores amarelas, brancas ou rosadas, ordinariamente solitarias, e de froitos en plurinúcula. Destacan R. asiaticus, de flores grosas diversamente coloradas, o R. bulbosus e o R. repens, de flores amarelas e o R. tricophyllus, de flores brancas.
-
-
Fenda estreita e longa practicada nunha peza ou nun obxecto de materia dura.
-
Abertura longa e estreita ao longo da envergadura dunha á, normalmente preto do seu ángulo de ataque, que serve para mellorar as condicións do fluxo de aire a grandes ángulos de ataque. Durante as operacións de aterraxe e no momento de deixar terra, unha parte da á situada preto do ángulo de ataque sepárase do resto e constitúe unha rañura. O fluxo de aire acelerado ao pasar por esta abertura incrementa a enerxía da capa límite da parte superior da á e evita a perda de sustentación. En certas aeronaves militares, a formación da rañura é automática.
-
Canle estreita e longa que se practica nunha peza metálica para aloxar alí os condutores dun bobinado, normalmente nas máquinas eléctricas.
-
-
-
Fenda estreita e longa practicada nunha peza ou nun obxecto de materia dura.
-
Abertura longa e estreita ao longo da envergadura dunha á, normalmente preto do seu ángulo de ataque, que serve para mellorar as condicións do fluxo de aire a grandes ángulos de ataque. Durante as operacións de aterraxe e no momento de deixar terra, unha parte da á situada preto do ángulo de ataque sepárase do resto e constitúe unha rañura. O fluxo de aire acelerado ao pasar por esta abertura incrementa a enerxía da capa límite da parte superior da á e evita a perda de sustentación. En certas aeronaves militares, a formación da rañura é automática.
-
Canle estreita e longa que se practica nunha peza metálica para aloxar alí os condutores dun bobinado, normalmente nas máquinas eléctricas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao elemento representado con inversión do seu eixe vertical usual.
-
PERSOEIRO
Histólogo francés. Profesor no Collège de France, considérase como o fundador da escola francesa de histoloxía. Autor da Anatomie Générale (1878), afondou no coñecemento da estrutura e o funcionamento do sistema nervioso e describiu especialmente os nódulos de Ranvier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Interrupción na vaíña de mielina das prolongacións citoplasmáticas da neurona.
-
PERSOEIRO
Físico-químico francés. Estudou as solucións diluídas, sobre as que deu a coñecer a lei do seu nome. Perfeccionou a ebulioscopia e a crioscopia. Estudou a forza electromotriz das pilas galvánicas, a calor de reacción e a compresibilidade das solucións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de coller ou conseguir unha cousa que desexan varias persoas por medio da forza. OBS: Adoita empregarse na locución adverbial á(s) rapañota(s).
-
VER O DETALLE DO TERMO
meiga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Illa de Pascua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das brasicáceas, ao que pertence o ravo e o saramago.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Coñecido tamén como Ansky, máis que polas súas narracións en lingua jiddisch fíxose famoso co drama Dibbuk (1916), que ofrece unha rica galería de costumes xudaicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de anestesia rexional que consiste en inxectar no espazo subaracnoídeo unha substancia que produce a anestesia do territorio innervado polos nervios raquídeos en contacto con esta substancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade xeomorfolóxica da costa cantábrica que se estende desde Burela ata Cantabria. É unha superficie plana, situada entre o mar e os contrafortes montañosos, que orixinan un tipo de costa lineal, con praias formadas aos pés dos cantís e con numerosos farallóns. No sector galego desenvólvese sobre materiais xistosos e no seu frente costeiro as penas presentan entrantes e saíntes, polo que domina unha morfoloxía rectilínea en que só os ríos formaron enseadas (Ribadeo, Fazouro e Foz).