rañura
(< fr rainure)
-
s
f
Fenda estreita e longa practicada nunha peza ou nun obxecto de materia dura.
-
s
f
[AERON]
Abertura longa e estreita ao longo da envergadura dunha á, normalmente preto do seu ángulo de ataque, que serve para mellorar as condicións do fluxo de aire a grandes ángulos de ataque. Durante as operacións de aterraxe e no momento de deixar terra, unha parte da á situada preto do ángulo de ataque sepárase do resto e constitúe unha rañura. O fluxo de aire acelerado ao pasar por esta abertura incrementa a enerxía da capa límite da parte superior da á e evita a perda de sustentación. En certas aeronaves militares, a formación da rañura é automática.
-
s
f
[FÍS]
Canle estreita e longa que se practica nunha peza metálica para aloxar alí os condutores dun bobinado, normalmente nas máquinas eléctricas.