"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • refranxible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de refranxible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser refractado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que refresca.

    2. Que quita a sede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que refrixera.

      1. Fluído de características apropiadas para absorber enerxía calorífica a un nivel determinado de temperatura e transportala a un nivel diferente. Son refrixerantes primarios aqueles que forman parte dun ciclo de refrixeración e que transportan a enerxía calorífica desde un nivel de baixa temperatura a un de máis alta. Os refrixerantes secundarios transportan a enerxía calorífica desde un nivel de alta temperatura a un de máis baixa.

      2. axente refrixerante

        Axente, xeralmente líquido, de baixo punto de ebulición, que se emprega para absorber calor dun medio mediante a súa vaporización.

      1. Aparato que permite arrefriar un medio ou condensar un vapor mediante a circulación dun fluído frío. Este arrefriamento pode producirse pola circulación das substancias que cómpre arrefriar ou do vapor que cómpre condensar polo interior dun tubo rodeado de auga fría ou dun refrixerante, ou ben ao ser mergullado un tubo polo que circula a mestura refrixerante no seo da materia que se quere arrefriar ou do vapor que se quere condensar.

      2. Aparato que serve para arrefriar o condensado que se obtén nunha destilación, para recollelo a unha temperatura adecuada e minimizar as perdas por evaporación.

      3. Peza dunha montaxe de destilación ou de refluxo, en forma de tubo, no interior da que se condensa o vapor, e despois se arrefría o líquido condensado, mediante intercambio de calor con outro fluído que circula polo exterior dentro doutro tubo ou camisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde ás voces ‘candil, misto, sol e lúa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e relixioso. Organizador do Movemento Rural Cristián Galego, colaborou nas revistas Encrucillada e Irimia, e na tradución (1989) da Biblia ao galego. Publicou, entre outras obras, Un caxato para o camiño (1988), poesía; Chorimas (1991), poesía; Co evanxeo pola man (1992), ensaio; Historia da igrexa galega (1994), con J. García Oro e A. López Rivas; No nome do Pai: caderno de oración (1996), A partir de hoxe: relatos para a formación de comunidades cristiás no mundo rural (2000), Xuntos facemos pobo (2001) e Roxelio Subiela, a graza dun home de aldea (2003), do que foi editor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e enxeñeiro. Profesor na Escuela de Submarinos, acadou o grao de capitán de fragata en 1935. Ao estoupar a Guerra Civil foi xefe de Estado Maior da frota e segundo xefe de Estado Maior do cuartel xeral de Franco. Ascendeu a contraalmirante en 1943 e foi ministro de Mariña (1945-1951) e, posteriormente, comandante xeral da frota. Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz del Mérito Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura estreita e longa nun corpo sólido.

    2. Regaña que hai entre as dúas nádegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Teixeiro (Lugo). O seu cumio acada os 574 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Abertura estreita que se forma nun sólido.

      2. fenda anelar

        Defecto da madeira consistente na separación de dúas capas contiguas do tecido leñoso.

    1. Suco máis ou menos profundo e sinuoso, situado na superficie dalgunhas vísceras. As máis importantes son as dos pulmóns e as do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Johann Müller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cómico. Admirador de Molière, escribiu diversas narracións de viaxes e numerosas comedias, das que destacan Le joueur (1696) e Le légataire universel (1708).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor brasileiro. Xunto con Graciliano Ramos tivo unha grande influencia sobre o neorrealismo portugués e formou parte do grupo modernista de Pernambuco. Das súas obras destacan Menino de Engenho (1932), Doidinho (1933), Bangê (1934) e Cangaceiros (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre os concellos de Mondoñedo e A Pastoriza. O seu cumio acada os 691 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada entre a de Sus Brañas e a praia de Espiñeirido, na parroquia de San Pedro de Muro (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Madrid con Carlos de Haes, e en París e Bruxelas, onde se integrou no grupo L’Essor e no Círculo dos XX. Establecido en Euskadi, entrou en contacto con Pío Baroja, Unamuno e Rodrigo Soriano, entre outros, e en 1911 estableceuse definitivamente en Barcelona. A súa pintura, influída polo impresionismo e o divisionismo, e centrada basicamente na paisaxe e escenas cotiás, constitúe unha síntese persoal caracterizada pola espontaneidade e pola tendencia a un primitivismo case naif. Foi precursor e modelo da xeración posmodernista catalá. Da súa produción pictórica destacan Palacio Real (1878), Plaza de Lerma, Gallinero (1912) ou La procesión de los capuchinos, co que acadou unha medalla na Exposición Nacional de 1908, e ilustrou La España Negra de Émile Verhaeren.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goiriz, Vilalba 07/07/1958. Filólogo.
    Licenciado en Filoloxía Románica pola USC (1982), en 1983 entregou a memoria de licenciatura titulada O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. Foi lector de castelán e galego na Universidade de Colonia (1985-1987). Regresou en 1987 á Universidade de Santiago de Compostela como axudante e en 1989 obtivo o título de Doutor en Filoloxía Románica coa tese titulada A fala do Norte da Terra Chá: estudio descritivo, dirixida por Antón Santamarina. En 1994 obtivo a praza de profesor titular e en 2008 a de catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa exercendo. Foi director do Departamento de Filoloxía Galega de 2005 a 2009. 
    É tamén investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1981 do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador cinematográfico. Dentro da corrente do “novo cine español” dirixiu El buen amor (1963) e Me enveneno de azules (1969). Outros filmes destacados foron Padre nuestro (1985), Diario de invierno (1988) e Madregilda (1993, Concha de Plata en Donostia e Premio Goya ao mellor actor). Escribiu La muchacha de los cabellos de lino (1962, Premio Sésamo).

    VER O DETALLE DO TERMO