Regoyos Valdés, Santos Darío de

Regoyos Valdés, Santos Darío de

Pintor. Formouse en Madrid con Carlos de Haes, e en París e Bruxelas, onde se integrou no grupo L’Essor e no Círculo dos XX. Establecido en Euskadi, entrou en contacto con Pío Baroja, Unamuno e Rodrigo Soriano, entre outros, e en 1911 estableceuse definitivamente en Barcelona. A súa pintura, influída polo impresionismo e o divisionismo, e centrada basicamente na paisaxe e escenas cotiás, constitúe unha síntese persoal caracterizada pola espontaneidade e pola tendencia a un primitivismo case naif. Foi precursor e modelo da xeración posmodernista catalá. Da súa produción pictórica destacan Palacio Real (1878), Plaza de Lerma, Gallinero (1912) ou La procesión de los capuchinos, co que acadou unha medalla na Exposición Nacional de 1908, e ilustrou La España Negra de Émile Verhaeren.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ribadesella

  • Deceso

    Lugar : Barcelona