"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Senlis 542) Bispo de Arles. Foi obrigado polos arianos a abandonar a súa sé en África durante a persecución dos vándalos e morreu decapitado polos soldados. A súa festividade celébrase o 30 de marzo.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Coa elaboración do sistema chamado ciencia fundamental intentou superar os dualismos típicos da epistemoloxía derivados da división tradicional entre suxeito e obxecto. Das súas obras destacan Philosophie als Grundwissenschaft (Filosofía como ciencia fundamental, 1910), Logik oder Philosophie als Wissenlehre (Lóxica ou filosofía como teoría do saber, 1918) e Grundlegung der Ethik als Wissenschaft (Fundamentos da ética como ciencia, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou a súa primeira novela en 1977 co título Dos anxos e dos mortos. Das súas obras tamén destacan o conto Querido Brais (1977), premiado no concurso do Pedrón de Ouro; o drama Xogos de Damas (1988), estreado polo grupo teatral Malbarate en 1987; e as obras narrativas Loaira (1992, Premio Losada Diéguez) e Talego (1993, Premio Manuel García Barros), xunto ao libro de relatos A Sombra dos teus soños (1998). Tamén realizou incursións no ensaio con Tempo de vinganza: ensaio sobre Hamlet, de William Shakespeare (2003, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, especializouse no eido da literatura, con estudos sobre Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Celso E. Ferreiro. Publicou tamén diversos traballos sobre Castelao, como as antoloxías Castelao e Sempre en Galiza (1996) e Arte e verdade (A obra literaria de Daniel Castelao) (1991), ademais da biografía Alfonso Daniel Castelao (1999), e do traballo Literatura galega, século XX (2001), en colaboración con outros autores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. A súa amizade con Paul Klee influíu na súa obra, visionaria e poética. Relacionouse tamén con Rilke e Kandinskij. En 1928 estableceuse en París e cultivou sobre todo a acuarela.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e matemático alemán. Foi un destacado representante do Grupo de Berlín, neopositivista e vinculado ao Círculo de Viena. Desde 1930 dirixiu, con R. Carnap, a revista Erkenntnis. Foi autor de Relativitätstheorie und Erkenntnis a priori (Teoría da relatividade e coñecemento a priori, 1920), Atom und Kosmos (Átomo e cosmos, 1930), Wahrscheinlichkeitslehre (Teoría da probabilidade, 1935), Experience and Predition (1938), Elements of Symbolic Logic (1947) e The Rise of Scientific Philosophy (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
2 arnela.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘teta’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘nabo’.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Considerado o máximo defensor do deísmo, se ben foi tamén un home da ilustración, escribiu Allgemeine Betrachtungen über die Triebe der Tiere, hauptsächlich über ihren Kunsttrieb (Consideracións xerais sobre os instintos dos animais, especialmente sobre o seu instinto artístico, 1760) e Apologie oder Schutzschrift für die vernünftigen Verehrer Gottes (Apoloxía ou defensa dos adoradores racionais de Deus, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de carbonilación de fenois que se leva a cabo refluíndo solucións alcalinas de fenois en cloroformo, dando lugar a o-hidroxibenzaldehidos.
-
PERSOEIRO
Médico, político e etnógrafo. Doutor en Medicina (1960), especializouse no aparato dixestivo. Presidiu a comisión encargada da redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia, coñecido como Estatuto dos 16, e foi alcalde da Estrada. Realizou estudos etnográficos, artísticos e históricos sobre o concello da Estrada e o seu contorno, dos que destacan Guía turística de La Estrada (1976), Marcas de canteiros de la desaparecida Torre de la Barreira (1976), Cruceiros e cruces no nordeste da provincia de Pontevedra (1985, premio de investigación da Deputación de Pontevedra 1981), Un médico na aldea (1992) e, con J. Espiño Matos e M. Sinde Lema, El camino de Santiago por el sudeste (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de reimplantar.
-
Restitución dun tecido ou dunha parte orgánica ao lugar de onde foran extraídos.
-
-
-
Implantar de novo.
-
Levar a cabo unha reimplantación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Santa Margarida del Penedès 1185? - Barcelona 1275) Eclesiástico. Estudou dereito canónico en Boloña (1217-1222) e fundou, xunto con san Pedro Nolasco, a orde da Mercé. Segundo a tradición foi nadando desde Mallorca a Barcelona axeonllado sobre as augas ou sobre o seu manto. Redactou os Decretais por encargo do Papa Gregorio IX e foi autor dunha Summa Iuris canonici. Pola súa obra lexislativa considérase o patrón dos avogados. Canonizárono en 1601. Iconograficamente represéntase cunha capa negra (dominicano), cunha chave de ouro (penitenciario de Roma), cunha pluma (por ser escritor) e cunha mitra no chan (por renunciar á dignidade de bispo). Ás veces aparece navegando sobre o seu manto (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.
-
PERSOEIRO
Cantante e actriz. Coñecida como Juanita Reina, está considerada un dos mitos da copla española. Das súas cancións destacan “Manuela la de Jerez”, “Compuesta y sin novio” e “Los churumbeles”. Protagonizou os filmes Blanca Paloma (1942), La Lola se va a los puertos (1947) e Lola la Piconera (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Da súa produción destacan Andantes y allegros (1877), La vida inquieta (1894), El jardín de los poetas (1899) e Robles de la selva sagrada (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juana Reina Castillo.
-
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Outeiro (Quiroga). O seu cumio acada os 1.239 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que reina.
-