Reimundo de Penyafort, san
(Santa Margarida del Penedès 1185? - Barcelona 1275) Eclesiástico. Estudou dereito canónico en Boloña (1217-1222) e fundou, xunto con san Pedro Nolasco, a orde da Mercé. Segundo a tradición foi nadando desde Mallorca a Barcelona axeonllado sobre as augas ou sobre o seu manto. Redactou os Decretais por encargo do Papa Gregorio IX e foi autor dunha Summa Iuris canonici. Pola súa obra lexislativa considérase o patrón dos avogados. Canonizárono en 1601. Iconograficamente represéntase cunha capa negra (dominicano), cunha chave de ouro (penitenciario de Roma), cunha pluma (por ser escritor) e cunha mitra no chan (por renunciar á dignidade de bispo). Ás veces aparece navegando sobre o seu manto (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.